O volcán Momotombo é un volcán nicaraguano, situado cerca da cidade de León. Está situado nas ribeiras do Lago Managua. Unha erupción volcánica en 1610 destruíu un antigo poboado español próximo, e as súas ruínas aínda permanecen en León Viejo.
A montaña é moi simétrica, e a súa forma é un dos símbolos de Nicaragua que aparece ilustrando desde caixas de mistos a murais revolucionarios.
En decembro de 2005 o volcán ofreceu nova actividade sísmica, 3 graos na escala de Richter, mais non ocasionou danos materiais nin ningunha vítima. Véxase tamén
Categoría:Volcáns de Nicaragua Categoría:Montañas de Nicaragua