miniatura|dereita|Monument Valley, localización presente en numerosos filmes de John Ford. John Ford, nado como John Martin Feeney en Cape-Elizabeth (Maine) o 1 de febreiro de 1894 e finado en Palm Desert (California) o 31 de agosto de 1973, foi un cineasta norteamericano de orixe irlandesa.

Traxectoria Pénsase que foi inscribido xa nos Estados Unidos de América ao emigrar de cativo coa súa familia. Era o menor de 13 irmáns e gustaba de chamarse Sean Aloysius O'Fearna.

Durante a época do cinema mudo fixo máis de 60 películas, destacando The Iron Horse (1924) e Three Bad Men (1926).

A súa carreira cinematográfica consta de máis de 150 películas, destacando entre todas elas O home tranquilo (The Quiet Man, 1952), resumo existencialista da súa vida.

No referendo organizado pola Filmoteca Real de Bruxelas, no que participaron máis de 200 especialistas co gallo de elixir os representantes máis importantes do cinema norteamericano, quedou en primeiro lugar por diante de D.W. Griffith, Charles Chaplin e Orson Welles.

Ten 4 Óscars da academia como mellor director.

Filmografía O delator (1935) A dilixencia (1939) As uvas da ira (1940) Que verde era o meu val (1941) O fuxitivo (1947) A lexión invencible (1949) Caravana de paz (1950) Río Grande (1950) O home tranquilo (1952) Mogambo (1953) Berce de heroes (1955) Centauros do deserto (1956) Misión de audaces (1959) O sarxento negro (1960) A conquista do Oeste (1962) O home que matou a Liberty Valance (1962) A taberna do irlandés (1963) O gran combate (1964) Sete mulleres (1966)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados en Maine Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1973