Xurxo Lobato Sánchez,Segundo o diploma dos Institutos Nacionais de Ensino Medio do "Curso de iniciación ao estudo do idioma galego", expedido na Coruña o 17 de maio de 1972, o seu nome completo é Jorge Andrés Sánchez Lobato, que posteriormente foi galeguizado e, probablemente, invertida a orde dos apelidos (Facebook de Xurxo Lobato Sánchez, entrada do 17 de maio de 2026). nado na Coruña o 29 de abril de 1956, é un fotógrafo galego. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario".
En 2020 foi Premio da Cultura Galega.
Traxectoria Formación Foi estudante de bacharelato no IES Monelos da Coruña e licenciado en Xeografía e Historia coa especialidade de Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1979.
Actividade profesional En 1977 foi fotógrafo colaborador nos seguintes xornais e revistas: Teima, Man Común, A Nosa Terra, correspondente gráfico de El País e a Axencia Cover, Cambio16, Vogue, Elle, Telva, Geo, Feinsmeicker, Der Spiegel, El Mundo, La Vanguardia, El Periódico, El Dominical, El Semanal, National Geographic, Historia National Geographic, Viajar, Spain Gourmetour, Sobremesa e Capital. Esta ampla actividade fotoxornalística valeulle ser incluído dentro da corrente fotográfica do documentalismo español.
En 1980 comezou a traballar en La Voz de Galicia, onde desde o 1986 é xefe de fotografía e coordinador da axencia Voz Noticias. Chegou a ser redactor xefe de fotografía e Arquivo Gráfico de La Voz de Galicia até 2004. Entre 1990 e 1991 foi director do seminario Fotoxornalismo no "Centro de Enseñanzas de la Imagen" de Santiago de Compostela. De 1993 a 2002 foi profesor de Fotoperiodismo na Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia, na Universidade da Coruña. En 1996 foi nomeado director do seminario Fotoperiodismo y comunicación visual. En 1997 foi director do seminario Imaxe e información, da UIMP. Un ano despois foi o coordinador do encontro A fotografía como memoria histórica, organizado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Así mesmo, participou noutros seminarios sobre fotoperiodismo e fotografía dixital.
En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo fotográfico que axudou na paralización dos vertidos radioactivos.
Dende 1998 a súa obra chegou ao público a través de numerosas exposicións e publicacións, tanto individuais como colectivas. Asemade recibiu múltiples premios e bolsas en recoñecemento ao seu traballo, que se atopa representado en moitas das mellores coleccións de centros de arte de España. Así, por exemplo, recibiu o Premio da Crítica no Día das Letras Galegas (1991), o premio Compostela 93, o premio Ortega y Gasset (2003), o premio Polo prestixio na información pola Plataforma Nunca Máis en Vigo (2003), o premio Fotoperiodismo Desarrollo Sostenible en Doñana (2004), o premio Sumiller Gallaecia (2005) , o Gourmand World Cookbook (2008), o Best Wine Book Award 2013 na categoría de Fotografía e viño de España polo libro Rías Baixas, o viño do mar. e o "Premio Artes Plásticas da Cultura Galega" (2020). No 2006 foi elixido Académico numerario da Sección de Artes da Imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario. Por outra banda, ten obra exposta no Museo Raíña Sofía (Madrid), na Deputación da Coruña, no IVAM (Valencia) e no Centro de Estudos Fotográficos (Vigo).
O 4 de xullo do 2026 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Obra Bibliográfica
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Xurxo Lobato Ficha na Academia Gallega de Belas Artes (pdf)
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Nados en 1956 Categoría:Premios Ortega y Gasset Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes