Laura Elena Sánchez Piñón, nada en Bos Aires o 5 de decembro de 1954, é unha bióloga e política galega.

Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde é catedrática de xenética. Publicou máis de 70 traballos académicos e dirixiu dez teses doutorais.

Foi nomeada Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria o 2 de agosto de 2005 e ocupou o cargo ata 2009.

Sanchez Pinon, Laura Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1954 Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Biólogos de Galicia