Joan Ventosa i Calvell (Barcelona 1879 - Lausana 1959) foi un político español.
Traxectoria Estudou dereito en Barcelona. Participou na fundación da Lliga Regionalista e foi deputado nas Cortes entre 1907 e 1923 e foi ministro de Facenda entre 1917 e 1918 e de novo entre febreiro e abril de 1931 no goberno do almirante Aznar. Apoiou financeiramente ao bando franquista durante a Guerra civil española. Foi procurador nas primeiras Cortes franquistas. Membro do Consello Privado de Xoán de Borbón dende 1947, xa en 1943 enviara unha carta a Franco onde pedía a volta da monarquía e diante a negativa de Franco, foise distanciando cada vez máis do réxime franquista.
Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados nas Cortes Españolas Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas