Jules Bianchi, nado en Niza o 3 de agosto de 1989 e finado en Niza o 17 de xullo de 2015, foi un piloto de carreiras francés. Sufriu graves lesións na cabeza nun accidente cando competía no Gran Premio do Xapón no Circuíto de Suzuka o 5 de outubro de 2014.
Familia Jules é neto de Mauro Bianchi, tres veces campión do mundo na categoría GT, e sobriño neto de Lucien, que gañou as 24 Horas de Le Mans e competiu en dezanove Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 entre e , cun podio en Mónaco.
Traxectoria Fórmula Renault En 2007 Bianchi deixou o karting e correu no Campionato de Francia de Fórmula Renault 2.0 con SG Formula, onde terminou como campión.
Fórmula Tres miniatura|left| Bianchi durante a primeira rolda da tempada 2009 de Formula 3 Euro Series en Hockenheim.
A finais de 2007 foi contratado para pilotar co equipo ART Grand Prix na Formula 3 Euro Series. Nicolas Todt, representante do piloto de Fórmula 1 Felipe Massa, era o director do equipo ART.
En 2008 Bianchi gañou as Masters de Fórmula 3 en Zolder, e tamén terminou terceiro na tempada 2008 da Fórmula 3 Euro Series.
Bianchi continuou na F3 Euroseries en 2009, co equipo ART xunto cos seus compañeiros novatos Valtteri Bottas, Esteban Gutiérrez e Adrien Tambay. Con oito vitorias, Bianchi logrou o título a falta dunha carreira, en Dijon-Prenois. Logo agregou un noveno triunfo na carreira final en Hockenheim. Tamén correu na Formula Renault 3.5 Series en Mónaco.
GP2 Series miniatura|left | Bianchi en Monza en 2011 Bianchi pilotou para ART nas tempadas 2009-10 da GP2 Asia Series e da tempada 2010 das GP2 Series. Competiu en tres das catro probas do campionato GP2 Asia. Na serie principal, Bianchi logrou dúas poles e unha serie de posicións nos puntos antes de resultar ferido nun accidente na primeira volta en Hungaroring. Bianchi era cuarto no campionato de pilotos no momento da súa lesión. Malia as primeiras avaliacións pesimistas da gravidade da súa lesión, recuperouse para tomar parte na seguinte rolda do campionato.
miniatura|right | Bianchi pilotando para Lotus ART durante a carreira de Silverstone na tempada 2011 da GP2 Series.
Bianchi quedou en ART no ano 2011, xunto ao campión da tempada 2010 das GP3 Series Esteban Gutiérrez. Acabou segundo por detrás de Grosjean no campionato de pilotos.
Na tempada 2011 das GP2 Series, Bianchi tivo un difícil comezo de tempada, só sumou puntos en dúas das oito primeiras carreiras, pero a súa forma mellorou logo de anotar a súa primeira vitoria en Silverstone. Terminou terceiro no campionato, detrás de Grosjean e Luca Filippi.
Fórmula Renault 3.5 Bianchi optou por cambiar á Formula Renault 3.5 Series na tempada 2012, logo da súa única aparición na categoría na tempada 2009. Fichou polo equipo Tech 1 Racing, e formou equipo con Kevin Korjus.
Fórmula Un En agosto de 2009, Bianchi foi vinculado pola BBC e outros medios de comunicación ao segundo asento de Ferrari ocupado por Luca Badoer durante a ausencia de Felipe Massa. Bianchi probara con Ferrari na proba para pilotos novos no Circuíto de Jerez un par de días en decembro de 2009.
O 11 de novembro de 2010 foi confirmado por Ferrari como probador do equipo e piloto de reserva para a tempada , en substitución de Luca Badoer, Giancarlo Fisichella e Marc Gené. O 13 de setembro de 2011, Bianchi probou con Ferrari como membro da Academia de pilotos de Ferrari, co tamén membro da academia e piloto de Sauber F1 Sergio Pérez. Para a tempada 2012 de Fórmula Un, Ferrari prestoullo ao equipo Force India, para quen pilotou en nove sesións de adestramentos libres do venres no transcurso do ano, como probador do equipo e piloto de reserva.
Marussia (2013-2014)
2013
miniatura|Bianchi pilotando o Marussia MR02 no Gran Premio de Malaisia de 2013 O 1 de marzo de 2013, Marussia anunciou que Bianchi ía substituír Luiz Razia como piloto de carreiras logo de que o contrato de Razia rescindírase, debido a cuestións de patrocinio. Bianchi cualificou 19º no Gran premio de Australia de 2013, por diante do seu compañeiro de equipo Max Chilton por tres cuartos de segundo. Bianchi superou a Pastor Maldonado e Daniel Ricciardo na primeira volta e que finalmente terminou 15º no seu debut. Foi o 19º na grella de novo en Malaisia, a 0´3 segundos da Q2. Bianchi quedou detrás dos Caterhams ao comezo da carreira, pero avanzou logo das paradas en boxes, para terminar 13º, por diante do seu compañeiro de equipo, e ambos Caterhams. A partir do Gran Premio de Hungría, Bianchi gañara ao seu compañeiro de equipo en todas as sesións de clasificación e en todas as carreiras que ambos logran terminar. No Gran Premio do Xapón el e Charles Pic de Caterham foron penalizados con 10 posicións na grella logo de recibir tres amoestacións durante a tempada, e na carreira, terminou despois dunha colisión con Giedo van der Garde.
2014
miniatura|Bianchi no Gran Premio de Bahrain de 2014 En outubro de 2013, Marussia confirmou que Bianchi quedaríase no equipo para a seguinte tempada. Logo de comezar a tempada en Australia, no que non se clasificou, Bianchi superou as súas posibilidades, e as do seu equipo Marussia, anotando os seus primeiros puntos no Campionato Mundial ao terminar noveno no Gran Premio de Mónaco.
Das nove carreiras que Bianchi e Max Chilton completaron sen retirarse, durante a tempada , foi o piloto máis rápido en 8 delas, establecendo o seu status como o primeiro piloto. Chilton retirouse dúas veces, e Bianchi 5 veces, e 4 das retiradas de Bianchi foron fallos mecánicos.
Accidente en Suzuka 2014
Na volta 43 do Gran Premio do Xapón de 2014, que se celebrou o domingo 5 de outubro baixo fortes choivas intermitentes causadas polo achegamento do Tifón Phanfone, Bianchi perdeu o control do seu auto e virou á dereita cara á zona de escorredura na parte exterior da curva Dunlop (curva 7) do Circuíto de Suzuka. Chocou de fronte e en perpendicular coa parte traseira dun tractor guindastre que retiraba o Sauber de Adrian Sutil despois de que perdera o control e se estrelara na mesma zona unha volta antes. O accidente de Bianchi fixo sacar a bandeira vermella e a carreira terminou nove voltas antes de completar as 53 voltas programadas. Imaxes de vídeo e fotografías do accidente dos espectadores revelaron que o lado esquerdo do coche de Bianchi sufriu danos considerables e a gaiola antienvorco destruíuse mentres se deslizaba baixo o tractor guindastre. O impacto foi tal que o tractor foi parcialmente levantado da terra co Sauber de Sutil, que por entón estaba suspendido no aire polo guindastre, para caer de novo no chan.
En primeira instancia, foi atendido medicamente no lugar do accidente antes de ser transportado en ambulancia ao Centro Médico do circuíto. Debido ás dúbidas sobre a seguridade da aterraxe causadas polas condicións climáticas precarias, determinouse que o transporte de urxencia en helicóptero non era posible. Bianchi foi transportado en ambulancia durante 32 minutos, con escolta policial, ao hospital da Universidade de Mie en Yokkaichi, o hospital máis próximo ao circuíto a uns 15 km. de distancia.Jules Bianchi taken to hospital unconscious following crash . Smith, Luke. NBC Sports Network, 5 October 2014 Os informes iniciais do seu pai, Felipe, á emisora France 3 foron que Bianchi estaba en estado crítico cunha lesión na cabeza e sometérano a unha operación para reducir as graves contusións na cabeza. Japanese Grand Prix Live from Suzuka, Sky Sports, 5 October 2014 Posteriormente a FIA emitiu un comunicado mostrando que Bianchi sufrira un "traumatismo craneoencefálico grave" no accidente, e que estaba en coidados intensivos logo da cirurxía."F1 driver Jules Bianchi injured after crash in Japan – latest updates", The Guardian, 5 October 2014
Confirmouse que o dano sufrido era unha lesión axonal difusa e que Bianchi atopábase nun estado crítico, pero estable.
A poucos días do accidente, informes de prensa non confirmados suxiren que o accidente se produciu a unha velocidade superior a 200 km/h e que o impacto xerado foi sobre 50 g0 (490 m/s2) Na seguinte quincena, os medios publicaron que informes baseados na información obtida dos documentos da FIA din que a velocidade de impacto foi de 212 km/h e que o impacto xerado foi de 92 g0 (900 m/s2).
Faleceu o 17 de xullo de 2015, como consecuencia das feridas provocadas polo accidente sen espertar do coma.
Carreiras Resumo da súa carreira Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/rápidas Podios Puntos Posición 2007 French Formula Renault 2.0 SG Formula 13 5 5 10 11 172 1º Eurocup Formula Renault 2.0 8 0 1 1 0 4 22º 2008 Formula 3 Euro Series ART Grand Prix 20 2 2 2 7 47 3º Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A 9º Masters of Formula 3 1 1 0 0 1 N/A 1º 2009 Formula 3 Euro Series ART Grand Prix 20 9 6 7 12 114 1º British Formula Three Championship 4 0 2 2 3 0 NC† Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A 10º Formula Renault 3.5 Series SG Formula 1 0 0 0 0 0 NC 2009–10 GP2 Asia Series ART Grand Prix 6 0 1 2 1 8 12º 2010 GP2 Series ART Grand Prix 20 0 3 1 4 52 3º 2011 GP2 Series Lotus ART 18 1 1 0 6 53 3º GP2 Asia Series 4 1 0 1 2 18 2ºScuderia Ferrari Piloto de probas 2012 Formula Renault 3.5 Series Tech 1 Racing 17 3 5 7 8 185 2ºFórmula 1 Sahara Force India F1 Team Piloto de probas 2013 Fórmula 1Marussia F1 Team 19 0 0 0 0 0 19º 2014 Fórmula 1 Marussia F1 Team 15 0 0 0 0 2 17º † – Como Bianchi era un piloto invitado, non podía puntuar.
* Tempada en curso.
Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series results (key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 DC Puntos 2008 ART Grand Prix Dallara F308/049 Mercedes HOC11Ret HOC1213 MUG13 MUG24 PAU1Ret PAU226 NOR1Ret NOR29 ZAN13 ZAN29 NÜR12 NÜR23 BRH122 BRH218 CAT1Ret CAT23 BUG11 BUG217 HOC217 HOC221 3º 47 2009 ART Grand Prix Dallara F308 Mercedes HOC115 HOC123 MUG11 MUG214 PAU11 PAU23 NOR11 NOR21 ZAN11 ZAN26 NÜR11 NÜR25 BRH1Ret BRH2Ret CAT11 CAT25 BUG12 BUG21 HOC211 HOC227 1º 114
Resultados completos na Fórmula Renault 3.5 Series (key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos 2009 KMP Group/SG Formula CAT1 CAT2 SPA1 SPA2 MON1Ret HUN1 HUN2 SIL1 SIL2 BUG1 BUG2 ALG1 ALG2 NÜR1 NÜR2 ALC1 ALC2 NC 0 2012 Tech 1 Racing <span style="color:white">ALC1DSC ALC213 MON12 SPA12 SPA217 NÜR11 NÜR212 MOS12 MOS27 SIL11 SIL23 HUN13 HUN29 LEC14 LEC21 CAT17 CAT2Ret 2º 185
Resultados completos nas GP2 Series (key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 DC Puntos 2010 ART Grand Prix ESPFEARet ESPSPR12 MONFEA4 MONSPR3 TURFEARet TURSPR13 VALFEA2 VALSPRRet RUFEA2 RUSPR5 GERFEA5 GERSPR4 HUNFEARet HUNSPRNTS BELFEA14 BELSPRRet ITAFEA2 ITASPR4 ABUFEA18 ABUSPR7 3º 52 2011 Lotus ART TURFEA3 TURSPR7 ESPFEA7 ESPSPRRet MONFEARet MONSPR19 VALFEARet VALSPR7 RUFEA1 RUSPR5 GERFEA4 GERSPR2 HUNFEA7 HUNSPR6 BELFEA2 BELSPR2 ITAFEA8 ITASPR3 3º 53
Complete GP2 Asia Series results (key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 DC Puntos 2009–10 ART Grand Prix ABU1FEA ABU1SPR ABU2FEA3 ABU2SPR7 BHR1FEA10 BHR1SPRNC BHR2FEA10 BHR2SPRRet 12º 8 2011 Lotus ART ABUFEA1 ABUSPR8 ITAFEA3 ITASPRRet 2º 18
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.