Moondogs Blues Party é un grupo musical galego de blues, folk americano, soul e psicodelia. Formouse na Coruña en 2006 e disolveuse en 2016.
Traxectoria
A banda foi creada polo músico coruñés Javier Prado, partindo da gravación do disco O Cadelo Lunático que el mesmo autoeditou durante o ano 2006 cunha licenza Creative Commons e que sairía a luz no ano 2007 coa netlabel galega A Regueifa.
No ano 2007 o disco O Cadelo Lunático gaña o premio TALENTOS 2007 do xornal ELPAÍS ao mellor disco non p`rofesional do ano. Durante o 2008 o grupo embárcase na súa "Xira Lunática 2008" que lle leva a presentar o disco por toda Galicia e Portugal. Mentres O Cadelo Lunático segue o seu camiño e vai directamente a Cannes a participar no MIDEM 2008, chegando tamén ao Canadá a través da distribuidora Kerf Music. Ademais ese mesmo ano o produtor norteamericano Kris Kaczor pídelles o tema Walking night in Mississippi para un DVD documental do Instituto de Historia de América sobre a escravitude.
En 2008 tamén clasifícase para ás semifinais do International Songwriting Competition en Nashville entre máis de 15.000 artistas de todo o mundo e contando con Tom Waits e John Mayall no xurado.
No ano 2011 gravan Thirty Roads en Abrigueiro Estudios xunto ao produtor Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro, disco que sairá co selo discográfico vasco Gaztelupeko Hotsak.
No ano 2013 volven a gravar neste caso o EP Through the darkness of the forest, nos Litium Estudios con Rafa Darrosa.
Compoñentes do grupo Javier Prado - cantante e guitarra Javi Campello - cantante e guitarra Iria Novo - baixo Mateo Naval - trombón Marcos Maoxu - teclado Kevin Traba - batería Javier "Pera" - batería e percusión Alicia Valle - frauta traveseira Adrián Lage - trompeta e fliscorno Fernando Raño - trombón Ismael Nongrato - baixo
Discografía O Cadelo Lunático, (2006, Autoeditado) Thirty Roads, (2011, Gaztelupeko Hotsak) Through the darkness of the forest, (2013, Gaztelupeko Hotsak)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Moondogs Blues Party Blog oficial de Moondogs Blues Party Os discos da banda en Bandcamp Canle de Vimeo da banda O grupo en MySpace
Categoría:Grupos musicais da Coruña Categoría:Grupos musicais formados en 2006 Categoría:Grupos musicais de blues Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Grupos musicais separados en 2016