O Club de Golf Chan do Fento, con sede en Silván da Armenteira, no concello de Meis, é un club galego fundado en 1986 que ten por finalidade o fomento, ensino, desenvolvemento e práctica do golf. O club é membro da Federación Galega de Golf e contaba a 1 de xaneiro de 2013 con 1.237 deportistas federados, o que o converte no segundo club de golf galego por número de licenzas federativas. Véxase tamén Outros artigos Campo de golf de Meis Ligazóns externas http://www.chandofento.com Federación Galega de Golf .

Categoría:Golf en Galicia Categoría:Listas de deporte Categoría:Clubs de golf