Walter Ruttmann, nado en Frankfurt o 28 de decembro de 1887 e finado en Berlín o 15 de xullo de 1941, foi un director de cine alemán. Canda a Hans Richter, Viking Eggeling e Oskar Fischinger foi u dos pioneiros do cine experimental alemán.
Traxectoria Estudou arquitectura e pintura e traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou nos anos 1920s. As súas primeiras curtametraxes abstractas, Lichtspiel: Opus I (1921) e Opus II (1923), foron experimentos das formas de expresión en cine, e a influencia deses primeiros filmes abstractos podémola atopar nos primeiros traballos de Oskar Fischinger. Ruttmann e os seus colegas do movemento vangardista enriqueceron a linguaxe dos filme como medio con novas técnicas formais.
Xunto a Erwin Piscator, traballou no filme experimental Melodie der Welt (1929), pero é máis lembrado por Berlín, sinfonía dunha cidade(1927). Durante período nazi, traballou como asistente de Leni Riefenstahl en Triumph des Willens (1935).
Filmografía selecta miniatura|Lichtspiel Opus I (1921). miniatura|Lichtspiel Opus II (1922). Lichtspiel: Opus I (1921) Der Sieger (1922) Das Wunder (1922) Lichtspiel: Opus II (1922) Lichtspiel: Opus III (1924) Lichtspiel: Opus IV (1925) Das wiedergefundene Paradies (1925) Der Aufstieg (1926) Spiel der Wellen (1926) Dort wo der Rhein... (1927) Berlín, sinfonía dunha cidade (1927) en colaboración con Alberto Cavalcanti (en alemán, Berlin – Die Sinfonie der Großstadt) Melodie der Welt (1929) Wochenende (1930) In der Nacht (1931) Acciaio (Stahl, 1933) Altgermanische Bauernkultur (1934) Schiff in Not (1936) Mannesmann (1937) Henkel, ein deutsches Werk in seiner Arbeit (1938) Waffenkammern Deutschlands (1940) Deutsche Panzer (1940) Krebs (1941)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Cowan, Michael. Walter Ruttmann and the Cinema of Multiplicity: Avant-garde-Advertising-Modernity. Amsterdam, NL: Amsterdam University Press, 2014. Dombrug, Adrianus van. Walter Ruttmann in het beginsel. Purmerend, NL: J. Muusses, 1956. Goergen, Jeanpaul. Walter Ruttmann: eine Dokumentation. Berlín: Freunde der deutschen Kinemathek, 1989. Rogers, Holly e Jeremy Barham The Music and Sound of Experimental Film. Oxford: Oxford University Press, 2017. Quaresima, Leonard, editor. Walter Ruttmann: cinema, pittura, ars acustica. Calliano (Trento), Italy: Manfrini, 1994.
Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1941