Rudy Youngblood, nado o 21 de setembro de 1982 en Belton, Texas, é un actor, músico e bailarín nativo americano.
Traxectoria Naceu en Belton, Texas e creceu con dúas irmás máis novas. Foron criados pola súa nai, que Rudy identificou de ascendencia comanche. Rudy declarou que o seu pai biolóxico pertenceía ao pobo yaqui. Durante unha época, Rudy usou o apelido do seu padrasto e foi coñecido como Rudy Gonzales.
David A. Yeagley declarou a L.A. Times, que "el non ten sangue indio que alguén poida comprobar". Daquela, a páxina web de Youngblood puxo que "Rudy é da familia Comanche Tahchawwickah, o seu pai é o finado Preston Tahchawwickah. É cree por adopción". A voceira da Nación Comanche, Jolene Schonchin, afirmou que Youngblood "non está nas nosas listas tribais, mais si ten sangue comanche" a través do seu pai Preston Tahchawwickah. Outros membros da familia de Preston Tahchawwickah cuestionárono. Dawn Tahchawwickah, filla de Preston Tahchawwickah, afirmou que Youngblood era "só un amigo da familia" e "non está emparentado co meu pai", mentres que outros fillos de Preston dixeron que Youngblood é o seu irmán. Youngblood dixo ao L.A. Times que, "Preston Tahchawwickah non era o seu pai biolóxico senón o seu pai adoptivo cerimonial" e que era a súa nai a que tiña ascendencia comanche.
Carreira como actor miniatura|250px|Logo oficial do filme Apocalypto. Ao acudir a un casting xeral, Youngblood foi escollido polo director Mel Gibson para interpretar o papel principal de Jaguar Paw no filme épico Apocalypto (2006), no cal tamén fixo as súas propias escenas de acción. Aprendeu maia iucateco para poder actuar no filme, xa que tódolos diálogos están nesta lingua. Polo seu traballo no filme, gañou o premio ao mellor actor na 15ª edición dos premios First Americans in the Arts.
Filmografía Ano Filme Papel Notas2005Spirit: The Seventh FireGuerreiro 2006Apocalypto Jaguar Paw 2010Beatdown Brandon Becker 2012Into the Americas Toowin 2015 Windwalkers Matty Kingston 2016 Crossing Point Mateo 2018 Attrition Infidel 2021 Dandelion Season Phoenix
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Nados no condado de Bell, Texas Categoría:Nados en 1982 Categoría:Estadounidenses de ascendencia comanche Categoría:Estadounidenses de ascendencia yaqui