José Estévez López, nado en Pacios (Pradeda, Guntín) o 10 de febreiro de 1954, é un escritor galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio en Lugo, profesión que non chegou a exercer, e licenciouse en Dereito. Foi funcionario da Deputación de Lugo, secretario de Administración Local e actualmente traballa na Asesoría Xurídica do Sergas. Exerceu tamén a profesión de avogado, especialidade en Dereito Administrativo.
Participou nas loitas estudantís entre os anos 1972 e 1976 como membro de ERGA.
Obra Poesía ¿Poemas -- ? Non : mariposas - bolboretas: soños sen dono (1998). Edición do autor. A túa ausencia que non se apaga. Poemas escritos coa soidade sangrando na punta da lingua(2011). Meubook. Aseteando (2013). A porta verde do sétimo andar. Flirteando no feisbu (2013). Eu son eu? (2023). Noia: Toxosoutos. 58 páxs. ISBN 978-84-126701-9-6.
Narrativa Nós tamén amamos a muralla, a pesar de todo o que se nos virá enriba, 2002, edición do autor. Fóra de lei: tarxeta de presentación (2006). Lugo: Scio. Morte na muralla. Unha historia de amor con final feliz (2006). Scio. Víctimas da ira. Verdugos de si mesmos (2006). Scio. Xoel. Persecución e caneo de estereotipos: ¿traballar menos, f..... máis ...?: a consigna, o lema revolucionario, fai o amor e non a guerra (2007). Edición do autor. Publicado en 2015 en Redelibros. Fugaz coincidencia (2012). Redelibros. Minia, amor doe (2024). Noia: Toxosoutos. 250 páxs. ISBN 978-84-128497-4-5. As tres esposas (unha espiña e dúas rosas) (2026). Noia: Toxosoutos. 254 páxs. ISBN 979-13-990650-5-3.
Obras colectivas Un feixe de poesía na porta, 2013, A porta verde do sétimo andar. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Foron, somos, 2016, Redelibros. Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela. Manuel María, libro colectivo de homenaxe. Publicacións Deputación de Lugo, 2017. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Guntín Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes