Herberto Blanco Rodríguez, coñecido co pseudónimo de Helenor, nado en Vigo o 27 de marzo de 1889 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1969, foi un xornalista galego.
Traxectoria Colaborou en La Lucha, foi redactor de Faro de Vigo e La Concordia. Fundou os semanarios de carácter político El Pueblo, La Luz e La Garra. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Vigo e un dos promotores e organizadores do Ateneo vigués.
Vida persoal
Casou con Herminia González en 1913, con quen tivo tres fillos. Casou en segundas nupcias con Chicha Castilla Rodríguez. Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Funcionarios municipais foron tamén escritores
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1969