Manuel Idígoras Aspiazu, nado en Sevilla o 1 de xaneiro de 1940, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Debutou na tempada 1960–61 co Sevilla FC en Primeira División. No equipo andaluz permaneceu unha campaña máis.
Na tempada 1963–64 fichou polo RCD Español, no que estivo 3 campañas. No club catalán puido disputar a Copa de Feiras e participou en 59 partidos e anotou 9 goles.
Na tempada 1966–67 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde foi dianteiro suplente, detrás de figuras como Sánchez Lage ou Manuel Loureda. Debutou como deportivista o 15 de xaneiro de 1967, na xornada 17, nun partido contra o Córdoba CF en Riazor que rematou en vitoria (2–0). Ese ano o conxunto galego descendeu a Segunda División.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña