Antonio Jacobo Casares Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 28 de abril de 1812 e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1888, foi un químico galego.
Traxectoria Seu pai fora o boticario do convento dos xesuítas e será alí levou a cabo os primeiros estudos de primaria. Estudou a secundaria nos xesuítas de Valladolid.
Licenciouse en Filosofía e Farmacia. Gañou a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi o primeiro titular da Cátedra de Química na Universidade de Santiago de Compostela; ocupouna a raíz da súa creación polo plan de estudos de 1845, e ata a súa morte no 1888. Foi decano da Facultade de Filosofía (1846), da Facultade de Farmacia (1857) e o primeiro decano da Facultade de Ciencias (1859), e foi reitor dende 1871.
Desenvolveu a súa intensa vida científica e académica en Galicia, cara ao ben común da súa terra. Realizou investigación aplicada á industria, a agricultura e a medicina e estudo dos métodos de análise, do que é un dos iniciadores en España. Asemade, foi un dos iniciadores da espectroscopía peninsular. No 1866 aparece o seu Tratado práctico de análisis químico de las aguas minerales y potables.
Vida persoal Casou con Juana Teijeiro Fernández (irmá de Maximino Teijeiro Fernández), e foi pai de Cándida (nai de Fermín Bescansa Casares) e mais de Fermín Casares Teijeiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Suay-Matallana, Ignacio (2014). "Los públicos del Tratado y el Manual de Química General de Antonio Casares (1812-1888)" Na Universidade de Santiago de Compostela . "El gran científico Antonio Casares nació en Monforte hace 190 años" La Voz de Galicia . "Monforte conmemorará con numerosas actividades el bicentenario del científico Antonio Casares" La Voz de Galicia . "La Real Academia Galega de Ciencias homenajeará al químico Antonio Casares en el Día do Científico Galego" .
Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1888 Categoría:Día da Ciencia en Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela