Esta é unha cronoloxía da Grecia antiga, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos na Grecia antiga e nos seus estados predecesores; tamén eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia antiga de Grecia.

Séculos: século -IX século -VIII século -VII século -VI século -V século -IV século -III século -II século -I século I século II século III século IV Prehistoria Data aproximadaAcontecementoVI milenio a. C. - IV milenio a. C.Neolítico en Grecia.3000 a. C.Primeiras aglomeracións en Creta. Chegada dos minoicos.Século -XXVIIIdade de Bronce. Principio do Heládico e do Minoico antigos.Século -XXIIIPrincipio do Bronce Medio en Grecia. Destrucións. Chegada dos minios ou «protogregos».Século -XXIPrimeiras formas palaciais en Creta.Século -XXPaso ao Heládico e ao Minoico medios.Século -XVIIIPrimeiros palacios cretenses.Século -XVIIDestrución xeral das localizacións cretenses.-1680Segundos palacios cretenses.-1650Primeiras tumbas de Micenas. Chegada dos Micénicos.-1630Explosión do volcán de Santorini. Hai unha incerteza de máis ou menos cincuenta anos (entre -1650 e -1598).Século -XVIApoxeo dos palacios de Cnossos.-1600 - -1580Paso ao Heládico e ao Minoico recentes.-1450Destrución xeral das localizacións cretenses. Ocupación micénica de Cnossos.-1450 - -1350Apoxeo dos palacios micénicos.Século -XIVArquivo de Cnossos en Lineal B.Século -XIVExpansión micénica.-1250Guerra de Troia-1200Arquivos de Pilos en Lineal B. Perturbacións xerais.-1194 - -1184Guerra de Troia, segundo a cronoloxía helenística.Século -XIIRuptura das relacións internacionais. Fragmentación e declive das comunidades micénicas. Principio dos séculos escuros.-1104«Regreso dos Heráclidas» ou migración doria, segundo as tradicións antigas.-1104, -884 ou -776Datas atribuídas a Licurgo nas distintas cronoloxías.-1102Principio da lista dos reis en Esparta.-1100Principio da Idade de Ferro en Grecia. Fundación lendaria de Gades (Cádiz) polos fenicios.-1077 - -1044Datas tradicionais da fundación de Mileto en Asia Menor.Século -XI - Século -XPoboamento grego da costa de Asia.-1020Principio da época protoxeométrica en Grecia.-1000Tumba principesca de Lefkandi de Eubea. Primeiras pegadas de culto en Olimpia. Primeiro agrupamento grego con carácter urbano en Esmirna (Asia Menor).

Século -IX Data aproximadaAcontecemento-900Principio da época xeométrica en Grecia.Século -IXSinecismo en Esparta.-814Fundación fenicia de Cartago no Mediterráneo occidental.século -IXPrimeiras pegadas de culto en Delfos.

Século -VIII Data aproximadaAcontecementoséculo -VIIIComposición suposta da Ilíada.-800Fundación grega de Al-Mina nos confíns da Siria e da Anatolia. Instalación etrusca en Toscana.-776Primeiras competicións panhelénicas, en Olimpia.-775Primeiras pegadas gregas na illa de Ischia (Pitecusa).-VIIIAparición da escritura. Fin da alta época arcaica grega.-757 - -738Primeira guerra de Mesenia segundo a cronoloxía tradicional.-756Fundación de Cícico, na Propóntide (mar de Mármara).-754Principio da lista dos éforos en Esparta.-753Principio das maxistraturas decenais, e posteriormente anuais, en Atenas.-750Fundación grega de Ischia en Campania. Fundación lendaria de Eivisa por Cartago. Amicleas, ao sur da Laconia convértese no lugar das festas panlaconias.Fundación de Cumas na baía de Nápoles.-747Oligarquía dos Baquíadas, en Corinto.-736 - -716Primeira guerra de Mesenia.-734 - -733Fundación de Naxos e de Siracusa e implantacións gregas en Sicilia.-730Control do estreito de Mesina polos gregos.-730 - -725Vestixios arqueolóxicos máis antigos atopados na localización de Cartago.-720Construción dos grandes templos de Esmirna e de Samos.-708Fundación de Parium, ao norte do Helesponto.-706Fundación de Taranto e implantación grega en Italia do Sur.-700Construción dos templos de Corinto e de Argos. Reorganización urbana de Esmirna. Anexión de Eleusis por Atenas.século -VIIIComposición suposta da Odisea. Templo e ágora de Dredos, en Creta. Guerra lelantina, entre Calcis e Eretria de Eubea. Navegación nos estreitos.

Século -VII Data aproximadaAcontecemento-690acondicionamento do santuario panhelénico de Poseidón, no istmo de Corinto.-687Xixes funda a dinastía dos Mérmnadas en Lidia. Protectorado sobre as cidades de Xonia.-686Fundación de Calcedonia, á entrada do Bósforo.-683Arcontado anual e institución dos seis tesmótetas en Atenas.-675Invasión dos Cimerios, un pobo escita da estepa. Destrución do Artemision de Éfeso.-669 - -668Guerra entre Esparta e Argos. Derrota de Hysiæ. Aparición da falanxe.-668 - -654Segunda guerra de Mesenia.-657Fundación de Bizancio, á entrada do Bósforo, fronte a Calcedonia. Establecemento da tiranía dos Cipsélidas en Corinto segundo a cronoloxía tradicional.-656Fundación de Istros, no esteiro do Danubio e implantación grega no mar Negro.-652Morte de Xixes e entronización de Aliates.651 a. C.Fundación de Lampsaco, no Helesponto.século -VIIActividade do poeta Tirteo.Primeira lei escrita.-650 - -630Tiranía de Feidón en Argos.-646Fundación de Olbia, no esteiro do Dniéper.-640Primeira representación da falanxe (vaso Chigi).-635 ou -632Tentativa tiránica de Cilón en Atenas.-630Fundación de Cirene en Libia.-629Fundación de Sinope, na costa norte de Asia Menor.-624 - -620Lexislación de Dracón en Atenas.-614Principio do avance dos medas, pobo iranio, na Alta-Mesopotamia.-610 - -580Tiranía de Clístenes en Sición.600 a. C.Navegación de Colaios de Samos ata Tartessos (na Península Ibérica). Primeira implantación fénico-púnica no litoral marroquino. Principio da expansión focea.Fundación lendaria de Marsella polos foceos. Destrución de Esmirna por Aliates.Fundación de Trebisonda (Cólquida), na costa norte de Asia Menor. Primeiras moedas en Éfeso.

Século -VI Data aproximadaAcontecemento-600 - -590Primeira guerra sagrada. Desenvolvemento da anfictionía de Delfos.Moedas de Exina.-594 ou -592Arcontado de Solón en Atenas.-590Fundación focea de Emporion (Empúries) na costa catalá, e logo da súa extensión Neápolis.Anarquía (ausencia de arcontado) en Atenas.-586Anarquía en Atenas.-585Primeiro enfrontamento entre Aliates e Medas. Fronteira do Halys.-583Caída da tiranía en Corinto.-582 - -580En Atenas, arcontado prolongado de Damasias.-579Creación en Atenas das tres faccións políticas da chaira, a costa e os outeiros.-566Fundación das Panateneas.-565Primeiro establecemento foceo, modesto, en Alalia (Aléria), en Córsega; outro pequeno establecemento en Agde.-561Primeiro golpe de Estado de Pisístrato en Atenas.-560Establecemento da tiranía dos Pisistrátidas en Atenas. Subida ao trono de Creso en Lidia.-559Subida ao trono de Ciro II, do clan real persa dos Aqueménidas e herdeiro da dinastía Meda.-556Primeira expulsión de Pisístrato de Atenas.-550Formación da liga do Peloponeso. Cesamento das exportacións das cerámicas «gregas do leste».Unión dos Persas e dos Medas. Principio da expansión persa.-550 - -525Aparición e difusión da moeda de prata.-549 ou -544Segundo golpe de Estado en Atenas de Pisístrato, apoiado polos Alcmeónidas.-548Incendio e reconstrución do templo de Delfos.-546 - -540Conquista de Asia Menor e das cidades de Xonia polos Persas.-546 ou -541Segunda expulsión de Pisístrato. Repregue en Tracia.-546Conquista do reino lidio polos Persas. Destrución de Esmirna, Xanthos, Caunos. Emigración focea.-545 - -543Destrución de Focea (Asia Menor) polos Persas e transferencia da metrópole focea, coa metade da súa poboación, a Alalia, en Córsega. Refundación.-540 - -535Batalla de Alalia, que enfronta os Gregos de Focea cos Cartaxineses e cos Etruscos. Derrota focea. A cidade fica poboada, non se sabe baixo o control de quen. Cinco anos de vagabundeo e de piratería foceas.-537 - -522Tiranía de Polícrates de Samos en Samos.-535 - -530Fundación de Velia, en Campania, polos foceos.-534Terceiro golpe de Estado de Pisístrato apoiado por Tebas e Lígdamis de Naxos. Batalla de Palene. Expulsión de Atenas de Milcíades ao Quersoneso.-530Pitágoras en Italia do Sur. Peche de Esparta ao comercio.-530 - -525Aparición das moedas de Atenas coa «curuxa».-529Morte de Ciro. Subida ao trono de Cambises II.-528Morte de Pisístrato. Tiranía de Hipias en Atenas.-525Arcontado en Atenas de Clístenes o Alcmeónida.-522Subida ao trono de Darío I.-522 - -521Revoltas no imperio persa. Secesión do sátrapa de Lidia. Execución de Polícrates de Samos.-520Subida ao trono de Cleómenes I en Esparta e principio do expansionismo espartano.-519Darío retoma o control de Lidia e de Xonia.-517Samos, Quíos e Lesbos baixo dominio persa.-516O ateniense Milcíades instálase en Tracia, nas posesións ancestrais do Quersoneso.-515Esparta rexeita intervir en Samos e na Escitia contra os Persas.-514Tiranicidio en Atenas: asasinato de Hiparco, irmán de Hipias, polos tiranoctonos.-513Expedición de Darío a Europa, os escitas. Participación dos Gregos de Xonia e de Milcíades. Primeiro paso dos Estreitos.-512Conquista da Tracia polos Persas.-512 - -511Conquista da Tracia por Megabazo.Época clásica-510Intervención espartana en Atenas contra o tirano. Derrocamento da tiranía en Atenas. Regreso dos exiliados. Exilio de Hipias a Persia. Stasis entre Clístenes o Alcmeónida e Iságoras, xefe dos oligarcas. Intervención de Cleómenes de Esparta en favor de Iságoras.-508Primeiro tratado entre Roma e Cartago que se reparten o Mediterráneo occidental. Intervención espartana en Atenas (fracaso). Reforma de Clístenes. Posta en marcha dos cargos democráticos.-506Nova expedición de Esparta contra Atenas. Conflito entre a cidade de Esparta e o rei Demarato.-505Principio da tiranía de Cleandro en Xela.

Século -V