El Barbero Municipal foi un semanario fundado por Ramón Rey Baltar que se editou en Rianxo de 1910 a 1914 como órgano do Partido Conservador local e de liña maurista. Caracterizouse pola crítica á política do home forte da zona, o liberal Manuel Viturro Posse, secretario da Deputación Provincial da Coruña e do seu cacique local, o alcalde Manuel Pérez.
Historia e características O primeiro número apareceu o 17 de xullo de 1910. O xornal cubría o partido xudicial de Padrón, que comprendía os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Teo. O seu director era Xosé Arcos Moldes e no xornal colaborou amplamente Castelao -na práctica, cofundador- con portadas, caricaturas e con distintos textos. Publicábase maioritariamente en castelán pero cómpre destaca-la sección "Faladurías", escrita por Castelao e o propio Rey Baltar, integramente en galego. Trátanse dos primeiros textos en galego que escribiu Castelao. Eduardo Dieste era o seu director literario e Ramón Rey Baltar colaborou co pseudónimo de Verduguillo. Mantivo polémica con Buenas Noches. Rematou a súa edición co número 191, o 7 de marzo de 1914. Foi continuado por La Justicia.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Facsímiles: Volume 1 Volume 2. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-970-9.
Categoría:Prensa escrita de Rianxo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1910 en Galicia Categoría:Prensa agraria