Santa Baia de Dena é unha parroquia do concello pontevedrés de Meaño, dividida en 12 entidades de poboación.

Segundo datos do IGE, tiña 2.227 habitantes no ano 2025, dos que 1,159 eran mulleres e 1.068 homes, o que representa un leve aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 2.214 veciños, pero un descenso respecto a 2010, cando eran 2.252.

Xeografía Limita ó norte coas parroquias de Castrelo (Cambados), Padrenda e Xil, ó oeste coas de Vilalonga (Sanxenxo) e a ría de Arousa, ó leste coas de Xil, Meaño e Lores, e ó sur coa de Nantes (Sanxenxo).

Situada na parte baixa do concello, a parroquia de Dena é a de maior extensión e a única en contacto co mar. Os seus principais accidentes costeiros son as praias de Fianteira, Seixiño e A Chanca, esta última onde desemboca o río co mesmo nome dando lugar á ría de Dena. O accidente xeográfico de maior altura é o Monte Penaguda, con 156 m de altitude.

O paso da estrada comarcal C-550 permitiu un importante desenvolvemento socioeconómico da parroquia, especialmente do núcleo urbano, que está situado no paso da estrada pola rúa de Galicia (metade sur do lugar de Coirón e lugar de Dena), pola rúa Ponte Dena e polo lugar da Chanca. Neste núcleo é onde se congregan algunhas das máis importantes empresas da zona, así como un cada vez máis crecente sector de servizos.

Festas O 19 de marzo celébrase San Xosé, o día do pai, sendo a primeira das festas do ano na parroquia. Antigamente celebrábase Santo Antón en xuño.

En xullo celébrase a festa de San Cristovo, sendo esta a festa de asistencia mais multitudinaria, coa súa tradicional procesión de automóbiles. Logo desta ofrécese aos asistentes sardiñas, chourizos, pan de millo e viño.

O 11 de decembro celébrase a festividade de Santa Baia, patroa da parroquia, e o día 13 do mesmo mes Santa Lucía, avogosa da vista. Pola proximidade de dúas parroquias que celebran Santa Baia (Xil e Nantes), a festividade de Santa Lucía ten mais importancia que a da propia patroa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Dena

Parroquias de Meaño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meaño

Categoría:Parroquias de Meaño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia