Cuns é un lugar da parroquia de Cando, no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (IGE 2020) ten 76 habitantes (33 homes e 43 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 151 habitantes. Ten un total de 47 casas.
Atópase a uns 10 km de Outes e de Noia e a uns 5 km de Ponte Nafonso. É o último núcleo urbano do concello de Outes antes de comezar o de Negreira.
Preto del están O Castelo, un miradoiro dende o que se ve o río Tambre, a Pedra Serpal e a montaña da Pena, considerada de interese xeográfico.
Lugares e parroquias Lugares de Cando
Parroquias de Outes
Categoría:Lugares de Outes