O pintarroxo carmín (Carpodacus erythrinus) é unha ave típica do extremo norte europeo e visitante esporádico no sur de Europa.
Morfoloxía e hábitos Especie coa cabeza, peito e rabadilla vermello carmín. Bandullo ocre con tonalidades brancas. As femias son pardas e carecen do vermello característico dos machos. Alcanza os 14–15 cm de lonxitude e os 21 gramos de peso. O peteiro é pequeno mais robusto e forte.
De carácter discreto e silandeiro. Complicada de detectar. Habita en bosques húmidos, alimentándose de gromos, sementes e insectos.
Reprodución miniatura|Carpodacus erythrinus
A cría realízase nos meses de xuño e xullo. O niño acostuma estar en matogueiras e adoita conter entre 4 e 6 ovos. O tempo de incubación é de 13-14 días e o de permanencia no niño entre 14 e 17 días.
Distribución Distribúese polo noroeste de Rusia, Polonia, sueste de Escandinavia e Cáucaso. Hai algunhas poboacións illadas nas zonas montañosas de Suíza e Austria. Hiberna na India. Varias citas ibéricas no sector mediterráneo e Andalucía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a.
Categoría:Frinxílidos Categoría:Animais descritos en 1770 Categoría:Aves de Eurasia