Petrópolis é unha cidade brasileira situada no Estado do Río de Xaneiro, nas montañas da Serra dos Órgãos. Ten unha área de 774,606 km² e unha poboación estimada de 302.477 habitantes para o ano de 2004. Sitúase a uns 68 km da capital do estado, Río de Xaneiro pola estrada BR-040 e a 463 km da cidade de São Paulo.
Historia Foi a primeira cidade proxectada do Brasil. Antes de ser construída, a rexión era coñecida como Fazenda do Córrego Seco, e servía como pasaxe do Río de Xaneiro ao estado de Minas Gerais. Chámase Petrópolis (ou sexa, a cidade de Pedro) en homenaxe ao seu fundador, o emperador Pedro II. O clima agradable da rexión atraiu a Familia Real brasileira, que alí construíu a súa estancia de verán. Para acoller a corte foron construídos moitos palacios e construcións luxosas. Ademais, foron "importadas" 600 familias de inmigrantes alemáns no século XIX para colonizar a área.
miniatura|Museo Imperial de Petrópolis, na antiga vivenda de verán do Emperador Pedro II Aínda hoxe os descendentes da familia real teñen terras na rexión.
Demografía
Economía O seu agradable clima, as súas construcións históricas, e a abundante vexetación da Serra dos Órgãos e as súas montañas serven como grandes atractivos turísticos. Ademais, a cidade posúe un activo comercio e servizos e tamén produción agropecuaria (na que destacan as plantacións de froitas de clima temperado) e industrias.
Turismo miniatura|Palacio de Cristal. Construído como unha estufa para exposicións de plantas Museo Imperial Palacio de Cristal Palacio Quitandinha Casa de Santos Dumont Palacio Río Negro Casa da Princesa Isabel Catedral de San Pedro de Alcántara Palacio Amarelo Palacio Grão Pará Trono de Fátima Casa de Joaquim Nabuco Florália Morro Açu (Parque Nacional da Serra dos Órgãos)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Prefeitura de Petrópolis (páxina oficial)
Petropolis