Oxford é unha vella cidade universitaria inglesa no condado de Oxfordshire, en Inglaterra. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 134.248 habitantes.

Localización Oxford está situada a unhas 50 millas (80 quilómetros) ao noroeste de Londres; as cidades están unidas pola autoestrada M40, que tamén enlaza ao norte con Birmingham. A Canle de Oxford conecta co río Támese en Oxford. A cidade conta cun aeroporto, situado en Kidlington, que ofrece servizos aéreos de negocios e xerais.

Historia A cidade foi ocupada por vez primeira na época dos saxóns e menciónase por vez primeira nun escrito das crónicas anglosaxoas do ano 912. A Universidade de Oxford é a máis antiga de Inglaterra e menciónase por vez primeira no século XII.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da cidade Outra páxina sobre a cidade Páxina da Universidade de Oxford

Categoría:Oxford