Suevia pódese referir a:

O antigo reino dos suevos. A rexión alemá de "Suabia".

Prensa Suevia, revista galega, publicada na Habana en 1910 e reaparecida en 1912. Suevia, revista galega, publicada na Habana en 1916. Luís Alonso Girgado só di que "Estudosos da prensa galega de Cuba falan aínda dunha terceira 'Suevia' Cubana. Os poucos datos que a rexistran sitúana no ano 1916, na Habana, coa dirección de Ricardo Carballal Lafourcade e Jesús Peynó Piñeiro. Como "revista mensual de curta duración" está recompilada no libro coordinado por Vicente Peña Saavedra" [Repertorio da prensa galega da emigración, Consello da Cultura Galega, 1998]. Pola súa banda, Neira Vilas, en A prensa galega en Cuba, afirma, respecto da Suevia de 1916, o seguinte: "Si ben Carballal (quen rexira a fermosa revista de igual nome, fundada seis anos antes) está vencellado a esta publicación, non pode entenderse como unha "segunda etapa", ou nova xeira daquela. Sinxelamente é unha coincidencia -acaso deliberada, eso si- no título". Suevia, revista galega rexionalista, quincenal, publicada en Buenos Aires en 1913 e reaparecida en 1916. Suevia, revista de literatura e arte, semanal, publicada en Santiago de Compostela entre 1917 e 1919.

Música Suevia, grupo musical.

Deporte Suévia Futebol Gaélico, equipo de Compostela da Liga Gallaecia

Cinema Suevia Films, produtora cinematográfica galega.

Astronomía 417 Suevia, asteroide do cinto de asteroides.

Antroponimia Suevia, nome de muller galego de orixe latina, co significado: terra dos suevos.

Véxase tamén Bibliografía Para a sección de prensa: ALONSO GIRGADO, Luís: "Estudio introdutorio" a Suevia (Bos Aires, 1913, Revista Gallega Regionalista) (Bos Aires, 1916, Revista Gallega), ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 2007.

Outros artigos