miniatura|Torso fragmentario dunha estatua de guerreiro castrexo con caetra. Museo provincial de Ourense. Caetra era o nome do escudo empregado polos guerreiros iberos e celtas. A caetra era de forma circular duns 40 a 90 cm de diámetro. Suxeitábase ao corpo do guerreiro cunhas cordas ou tiras de coiro, que pasaban polo ombro e que daban gran mobilidade para combater tanto a pé como a cabalo. As formas e decoracións do escudo tiñan variacións e acabados na súa protección metálica, madeira ou coiro.

Os galaicos fan a súa entrada na historia escrita no século I d.C na épica Púnica de Silio Itálico sobre a Primeira Guerra Púnica dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:

A rica Gallaecia envía a súa mocidadecoñecedora da adiviñación polas entrañas das bestaspolo voo das aves e polas chamas divinasa cal ou ben berraba bárbaros cánticos nas súas linguas patrias ou bentras golpearen a terra con golpes alternos de pése aledaba en bater os sonoros caetras ritmicamente.

Descrición miniatura|dereita|Castrexos con caetra no Arde Lucus. O escudo indíxena amósase nas estatuas de guerreiros galaicos, coma os de Lesenho (Boticas) ou no castro de Armeá (Allariz)A mensaxe da moeda da caetra. Manuel Gago.

Caetra250pxAsidoiro de caetra. Descrición Forma Circular Medidas de 40 a 90 cm Peso de 4 a 5 kg Materiais Madeira, metal e coiro Espesor15–20 mm no centro10–12 mm no bordo DecoraciónCírculos concéntricos

Notas

Categoría:Armas Categoría:Gallaecia