Rockstar Games (anteriormente coñecido como Rockstar Games NYC) é unha empresa promotora e editora de videoxogos adquirida pola editora de videoxogos Take-Two Interactive e creadora do motor de videoxogos RAGE. A compañía é coñecida internacionalmente por títulos como a serie Grand Theft Auto, Max Payne, Midnight Club ou Red Dead Redemption.

Inclúe estudos adquiridos e renomeados, así como outros creados internamente. Aínda que a maioría dos estudos que Take-Two Interactive adquiriu fusionáronse coa marca Rockstar, os máis recentes mantiveron a súa propia identidade e forman parte da división 2K Games da compañía.

O selo Rockstar foi fundado en Nova York en 1998 por Sam Houser, Terry Donovan, Dan Houser, Jamie King e Gary Foreman. As oficinas de Rockstar Games están situadas en Broadway, Nova York, xunto ás de Take-Two Interactive. Nelas atópanse as oficinas centrais internacionais de publicidade, mercadotecnia, relacións públicas e departamentos de desenvolvemento de produtos.

Historia O selo Rockstar Games foi fundado en decembro de 1998 por Sam Houser, Dan Houser, Terry Donovan e Jamie King. Donovan deixou a compañía en xaneiro de 2007, despois de catro meses de ausencia. Foi substituído por ex. Capcom, Gary Dale.

A sede central de Rockstar Games está situada en Broadway, no barrio NoHo da cidade de Nova York, parte das oficinas de Take-Two Interactive. É o fogar dos departamentos de mercadotecnia, relacións públicas e desenvolvemento de produtos .

En febreiro de 2014, os títulos de Rockstar Games venderon máis de 250 millóns de copias, sendo a franquía máis grande a da serie Grand Theft Auto, seguida pola de Red Dead

En marzo de 2014, Rockstar Games recibiu o premio BAFTA da academia nos BAFTA Video Game Awards.

Filosofía da Empresa Malia a súa condición de creadores de Grand Theft Auto e unha das empresas de videoxogos máis exitosas de todos os tempos, Sam Houser e o seu irmán Dan afastáronse dos focos, centráronse na marca Rockstar Games.

En outubro de 2011, o vicepresidente Dan Houser dixo a Famitsu que Rockstar estaba deliberadamente evitando o desenvolvemento do xénero de tirador en primeira persoa. segundo unha tradución de 1UP.com. Isto, para intentar afastarse da sobreexplotación do xénero e do que estaban a facer outras compañías.

Tecnoloxía Rockstar Games desenvolveu o seu propio motor de xogos chamado Rockstar Advanced Game Engine (RAGE) para facilitar o desenvolvemento de xogos para os sistemas PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360, Xbox One, Windows, Mac e Wii.

É un motor de xogos creado por un pequeno equipo chamado "RAGE Technology Group" no desenvolvedor de videoxogos Rockstar San Diego con contribucións da filial de Rockstar North. Este motor é de código pechado e require autorización de Rockstar para obter unha licenza. A compañía desenvolveu o motor para facilitar o desenvolvemento de xogos en PC e para as consolas PlayStation 3, Wii e Xbox 360. O motor base é o Angel Game Engine desenvolvido por Rockstar San Diego para o seu uso na sexta xeración da consola da serie Midnight Club e outros xogos de Rockstar San Diego.

Antes da creación de RAGE, Rockstar baseaba os seus xogos no motor RenderWare, incluído todo o Grand Theft Auto anterior á serie Stories. O desenvolvemento de RAGE comezou debido á adquisición de Criterion (a empresa que está detrás de RenderWare) polo conglomerado Electronic Arts. Ademais, Rockstar decidiu non usar o motor RenderWare de novo debido a unha cláusula do contrato EA. Este motor ten un potente sistema automatizado anti-trampas; se se detecta un tramposo, a conta suspenderase durante 30 días como aviso, pero se mostra signos de actuar como trampeiro de novo, suspenderase permanentemente. Os únicos casos nos que o usuario evita o sistema anti-trampas son os programas creados por un usuario. No caso das consolas (Xbox One, PlayStation 4, PlayStation 3, Xbox 360) é máis vulnerable que no PC, chegando a un punto que é necesario conectar o ordenador directamente á consola para executar estas trampas a partir do código fonte do xogo.

Títulos Notables

Grand Theft Auto TítuloAnoGrand Theft Auto1997Grand Theft Auto: London 19691999Grand Theft Auto: London 19611999Grand Theft Auto II1999Grand Theft Auto III2001Grand Theft Auto: Vice City2002Grand Theft Auto Advance2004Grand Theft Auto: San Andreas2004Grand Theft Auto: Liberty City Stories2005Grand Theft Auto: Vice City Stories2006Grand Theft Auto IV2008Grand Theft Auto IV: The Lost and Damned2009Grand Theft Auto IV: The Ballad of Gay Tony2009Grand Theft Auto: Chinatown Wars2010Grand Theft Auto V2013Grand Theft Auto Online2013

Red Dead TítuloAnoRed Dead Revolver2004Red Dead Redemption2010Red Dead Redemption: Undead Nightmare2010Red Dead Redemption II2018

Bully TítuloAnoBully: Scholarship Edition2006

Midnight Club TítuloAnoMidnight Club: Street Racing2000Midnight Club II2003Midnight Club III2005Midnight Club III Remix2005Midnight Club: L.A.2008Midnight Club: L.A. Remix2008Midnight Club: L.A. Complete Edition2009

Max Payne TítuloAnoMax Payne2001Max Payne 2: The Fall of Max Payne2003Max Payne 32012

Manhunt TítuloAnoManhunt2003Manhunt 22007

L.A. Noire TítuloAnoL.A. Noire2011

Estrutura

Filiais Actuais NomeSedeTempo de ActividadeRAGE Technology GroupCarlsbad, California, EEUU2006 - PresenteRockstar InternationalLondres, Inglaterra2005 - PresenteRockstar NorthEdimburgo, Escocia1999 - PresenteRockstar San DiegoCarlsbad, California, EEUU2003 - PresenteRockstar TorontoOakville, Ontario, Canadá1999 - PresenteRockstar LondonLondres, Inglaterra2005 - PresenteRockstar LincolnLincoln, Inglaterra1999 - PresenteRockstar New EnglandAndover, Massachusetts, EEUU2008 - PresenteRockstar LeedsLeeds, Inglaterra2004 - PresenteRockstar DundeeDundee, Escocia2008 - PresenteRockstar IndiaBangalore, India2016 - Presente

Antigas Filiais NomeSedeTempo de ActividadeNotasRockstar VancouverVancouver, Columbia Británica, Canadá2002 - 2012A entidade fusionouse con Rockstar TorontoRockstar ViennaVienna, Austria2003 - 2006Clausurouse por razóns descoñecidas

Información Adicional e Ligazóns externas dos Títulos Rockstar Games Presents Table Tennis (Xbox 360) - maio do 2006. Grand Theft Auto IV (Playstation 3) - planeado para outubro de 2006/2007. Bully (PlayStation 2, Xbox) – planeado para primavera de 2006. Grand Theft Auto: Liberty City Stories (PlayStation Portable, PlayStation 2) – 2005/2006 The Warriors (PlayStation 2, Xbox) – 2005 Midnight Club 3: DUB Edition (PlayStation 2, Xbox, PlayStation Portable) – 2005 Grand Theft Auto: San Andreas (PlayStation 2, PC, Xbox) – 2004/2005 Red Dead Revolver (PlayStation 2, Xbox) – 2004 Grand Theft Auto Advance (Game Boy Advance) – 2004 Manhunt (PlayStation 2, PC, Xbox) – 2003/2004 Max Payne 2: The Fall of Max Payne (PlayStation 2, PC, Xbox) – 2003 Midnight Club II (PlayStation 2, PC, Xbox) – 2003 Grand Theft Auto Double Pack (PlayStation 2, Xbox) – 2003 Grand Theft Auto: Vice City (PlayStation 2, PC) – 2002/2003 State of Emergency (PlayStation 2, PC, Xbox) – 2002/2003 The Italian Job (PlayStation) – 2002 Smuggler's Run Warzones (GameCube) – 2002 Max Payne (PlayStation 2, Xbox, Game Boy Advance 2) – 2001/2002/2003 Grand Theft Auto III (PlayStation 2, PC) – 2001/2002 Oni (PlayStation 2 3) – 2001 Smuggler's Run 2: Hostile Territory (PlayStation 2) – 2001 Smuggler's Run (PlayStation 2) – 2000 Midnight Club: Street Racing (PlayStation 2) – 2000 Grand Theft Auto Collectors' Edition (PlayStation) – 2000 Surfing H3O (PlayStation) – 2000 Wild Metal aka Wild Metal Country (Dreamcast 4) – 2000 Grand Theft Auto (Game Boy Color 1) – 1999 Grand Theft Auto: London, 1969 (PlayStation, PC) – 1999 Grand Theft Auto: London, 1961 (PC) – 1999 Grand Theft Auto 2 (PlayStation, PC, Dreamcast, Game Boy Color) – 1999 Thrasher presents Skate and Destroy (PlayStation) – 1999

1 As versións de PC e PlayStation foron publicadas por BMG Interactive en Europa e por ASC Games en Norteamérica – 1997 2 A versión de PC foi publicada por Gathering of Developers – 2001; a versión para Mac, por MacSoft – 2002 3 As versións de PC e Mac foron publicadas por Gathering of Developers – 2001 4 A versión de PC foi publicada por Gremlin Interactive – 1999

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Compañías de videoxogos