Sam Fisher é un personaxe de ficción, espía protagonista da saga de videoxogos Tom Clancy's Splinter Cell. O seu verdadeiro nome é Samuel Fisher, ten unha filla chamada Sara que morre na 4ª entrega de Splinter Cell. Sam evitou varios conflitos internacionais (nos videoxogos) e é un dos xogos con máis éxito de Ubisoft.

Movementos (avanzados)

Rodar O ir correndo pulsase o botón de agacharse.

Salto de pernas abertas Se Sam está nun corredor non demasiado ancho e relativamente alto, pode facer un salto de pernas abertas é quedar de pé na rede cun pé en cada lado.

Dobre salto Estando o lado dunha parede Sam pode saltar e darse impulso coa parede.

Ataque superior Se se Sam se coloca enriba dun inimigo, pode tirarse sobre el e deixalo inconsciente.

Rappel Sam pode subir e baixar por unha corda ou cable libremente.

Disparar en rappel Sam pode empuñar e disparar a súa arma cando está facendo rappel (só a pistola e o fusil SC20K).

Disparar colgado Sam pode empuñar e disparar a súa arma cando está colgado dunha canalización ou viga (só a pistola SC 5-7).

Disparar en salto aberto Sam pode empuñar e disparar a súa arma cando está na posición de salto de pernas abertas.

Armamento

Fusil SC20K

Fusil SC20K con accesorio francotirador O SC20K é a arma principal de Sam e pode levar un dos seus catro accesorios adicionais. Cada cargador deste fusil contén 30 proxectís.

Fusil SC20K con empuñadura frontal Este é un accesorio moi útil que permite usar o SC20K con maior precisión.

Fusil SC20K con accesorio de escopeta O propósito principal da escopeta semiautomática é axudar ó axente en situacións de combate de rango corto.

Fusil SC20K con accesorio lanzador Este accesorio permite a Sam lanzar diferentes dispositivos, cada un cas súas propias características.

Dardo tazer Estes dardos adhesivos lanzan unha descarga eléctrica o entrar en contacto co seu obxectivo. Poden combinarse coa auga para obter mellores resultados.

Cámara de seguimento Permiten realizar operacións de vixilancia remotas e ten funcións de zoom, así como visores térmico e nocturno. Dispón dunha función especial de son que atrae a atención dos personaxes NPC (os que controla a máquina). Ademais, pode lanzar un gas tóxico que afectará aos NPCs máis próximos e deixaraos inconscientes. Cando o gas é liberado, a cámara se destrúese.

Granada de gas A granada de gas produce vapores de hipocloruro non letais que deixan sen sentido a calquera persoa próxima en cuestión de segundos, salvo que leven máscara anti-gas.

Visor electrónico Dispositivo novo e experimental que permite a Sam escanear unha área e revelar diferentes propiedades nos seus obxectos. Os obxectos cos que podes actuar aparecen destacados sobre os demais obxectos cando estás nesta vista.

Pistola SC 5-7 A pistola SC 5-7, á que se lle pode incorporar un potenciador óptico, leva un gatillo de simple acción e un cargador de 20 cartuchos, ademais de silenciador e supresor de canonazo.

Categoría:Personaxes de videoxogos