O Despotado de Morea (en grego: Δεσποτᾶτον τοῦ Μορέως) ou Despotado de Mistrá (en grego: Δεσποτᾶτον τοῦ Μυστρᾶ) foi unha provincia do Imperio bizantino que existiu entre mediados do século XIV e mediados do XV. O seu territorio variou en tamaño durante os seus 100 anos de existencia, pero co tempo chegou a tomar practicamente toda a península sur de Grecia, o Peloponeso, que foi chamada Morea na Idade Media. Foi gobernada xeralmente por un parente próximo ao emperador bizantino, que recibiu o título de déspota. A súa capital era a cidade fortificada de Mistrá, preto da antiga Esparta, que se converteu nun importante centro da cultura e o poder bizantino. Orixe Durante a Cuarta Cruzada, os cruzados conquistaron Constantinopla no ano 1204 e o imperio Bizantino foi derrubado. No antigo territorio bizantino de Morea, os cruzados fundaron o Principado de Acaia, gobernando Guillerme II de Acaia. Pero o ano 1259, o bizantino Miguel VIII Paleólogo derrotouno e capturouno na Batalla de Pelagonia. A resultas desta batalla, os bizantinos recuperaron o control de parte sur da Península de Morea, que se converteu no núcleo do Despotado bizantino de Morea e estivo permanentemente en loita contra o Principado cruzado de Acaia. Pouco despois, o emperador Miguel VIII Paleólogo recapturaba Constantinopla e declaraba restaurado o imperio Bizantino. Constitución e expansión do Despotado O emperador bizantino Xoán VI Cantacuzeno (1347-1355)S. Runciman, op. cit., p.52 reorganizou politicamente a provincia bizantina e constituír como un despotado para que fose gobernado polo seu fillo e sucesor Manuel Cantacuzeno.G. Ostrogorski, op.cit., p.549 Teodoro I Paleólogo,G. Ostrogorski, op. cit., p.564-565. un irmán máis novo do emperador Andrónico IV Paleólogo, apoderouse do despotado en 1383,S. Runciman, op. cit., p.57 onde gobernou ata 1407,S. Runciman, op. cit., p. 65 consolidando a hexemonía bizantina na península e levando á destrución ao Principado de Acaia en 1432,G.Ostrogorski, op. cit., p. 582 cando caeu o último reduto do poder cruzado, a cidade de Patrás.
Desaparición En 1453 produciuse a Caída de Constantinopla a mans dos turcos otománs pese aos intentos de auxilio enviados desde o Despotado de Morea.S. Runciman, op. cit., p. 87 Trala caída definitiva do imperio Bizantino, os déspotas de Morea sometéronse ao Imperio Otomán, pero en 1460 o territorio foi invadido polos otománs.S. Runciman, op. cit., p. 90
Déspotas de Morea right|300px|thumb|Mapa da Provincia de Mistra, predecesora do Despotado de Morea, en 1265(William R. Shepherd, Historical Atlas, 1911). Miguel Cantacuzeno (1308-1316). Andrónico Asen (1316-1322). Manuel Cantacuzeno (1348-?). Miguel Asan ? André Asan (?-1354). Manuel Cantacuzeno (restaurado) (1354-1380). Mateu Cantacuzeno (1380-1383). Demetrio I Cantacuzeno(1383). Teodoro I Paleólogo (1383-1407). Teodoro II Paleólogo (1407-1443). Constantino XI Paleólogo (1428-1449). Demetrio II Paleólogo (1428-1460). Tomé Paleólogo (1449-1460).
Véxase tamén Bibliografía Wolfgang von Löhneysen: Mistra. Griechenlands Schicksal im Mittelalter. Morea unter Franken, Byzantinern und Osmanen. Prestel, München 1977, ISBN 3-7913-0405-4. Steven Runciman: Mistra. Byzantine capital of the Peloponnese. Thames and Hudson, Londres 1980, ISBN 0-500-25071-5.
Ligazóns externas Contemporary Copy of the Letter of Mehmet II to the Greek Archons 26 December 1454 (ASV Documenti Turchi B.1/11)
Notas
Categoría:Imperio Bizantino Categoría:Despotados Categoría:Historia medieval de Grecia