A Sinfonía Nº1 en Mi menor Op. 39 de Jean Sibelius foi composta entre 1898 e 1899, cando o compositor contaba con 33 anos de idade. Foi estreada o 26 de abril de 1899 pola Helsingin kaupunginorkesteri baixo a batuta do propio compositor, nunha versión orixinal que non sobreviviu. Logo da estrea, Sibelius realizou diversas revisións da obra que deron como resultado a versión definitiva que se interpreta na actualidade. A versión revisada foi finalizada entre a primavera e o verán de 1900, e foi estreada en Helsinqui pola Helsingin kaupunginorkesteri baixo a batuta de Robert Kajanus o 1 de xullo de 1900, e pouco despois, o 18 de xullo, foi interpretada en Berlín cos mesmos protagonistas.David Ewen, Music for the Millions - The Encyclopedia of Musical Masterpieces (READ Books, 2007) p533
Composición Sibelius comezou a planear a súa primeira sinfonía na primavera de 1898 en Berlín durante unha viaxe que realizou coa súa muller Aino. Ao igual que Johannes Brahms, Sibelius esperou moitos anos ata enfrontarse ao esixente reto de compoñer unha sinfonía, se ben anteriormente xa escribira un poema sinfónico para orquestra, solistas e coro, á que se adoita denominar Sinfonía Kullervo.
Características A Sinfonía nº 1 de Sibelius é cada vez máis recoñecida como unha obra menos romántica e máis moderna, malia teren pasado máis de 100 anos dende o seu nacemento, aínda que o seu ton aínda é moi "romántico" en virtude dos seus sentimentos abertos.
Movementos Como a meirande parte das sinfonías, está estruturada en catro movementos:
Andante, ma non troppo - Allegro energico Andante (ma non troppo lento) Scherzo: Allegro Finale: Andante - Allegro molto - Andante assai - Allegro molto come prima - Andante (ma non troppo)
A primeira gravación foi realizada por Robert Kajanus coa London Symphony Orchestra para o selo HMV en maio de 1930.
Orquestración Instrumentación da Sinfonía Nº 1 |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 2 frautas (as dúas dobran con piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagotsMetais |- | | 4 trompas, 3 Trompetas, 3 trombóns, Tuba |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión Timpani, ferriños, bombo, platillos'''Cordas Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de composicións de Jean Sibelius
Ligazóns externas Artigo sobre a Sinfonía Nº 1 de Sibelius
Categoría:Sinfonías de Jean Sibelius