A Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira é unha agrupación musical formada no lugar da Bandeira, na parroquia de Manduas en Silleda. Dita agrupación foi fundada no ano 1982.

Historia Desaparecida a banda de Silleda en 1977, o seu último director, José Villaverde Gómez, que xa tocara na banda da súa parroquia natal, Orazo (A Estrada), tomou as rendas desta agrupación, que se presentaría ao público o martes de Entroido do ano 1982 na propia vila da Bandeira.

A agrupación formouse no ano 1980 cando un grupo de amigos ("Pilotos", "Mejuto" e Manolo Villaverde) elixiron como profesor e director a José Villaverde Gómez, quen estivo ó cargo da mesma ata setembro do ano 1989. Os inicios foron no baixo da casa de "Mejuto" e os primeiros ensaios na taberna do Xoaneiro. Logo de aquí pasouse á Casa Cultural do pobo. No ano 1983, participou no Certame de Bandas Populares de Galicia, celebrado en Santiago de Compostela e recibe a mención de Banda máis xove de Galicia. Arredor de 1985, tivo lugar a primeira gravación da banda en casete.

No ano 1989 a asociación contratou como director a Luis Alberto González Amosa, con tan só 17 anos. En 1991, a formación acadou o cuarto posto no 1º Certame de Bandas Populares de Galicia, celebrado en Lalín. No 2000 tomou a batuta Braulio Manuel Cao Ledo, músico por oposición da Banda Municipal de Santiago de Compostela. En xaneiro de 2008 a dirección da banda pasou a mans de Miguel Rodríguez Barrio, músico por oposición da Banda Municipal da Coruña, quen a dirixiu ata outubro de 2015. Desde novembro de 2015 ata setembro do 2018, a dirección da banda estivo a cargo de José Lodeiro GestoO novo director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira preséntase este domingo cun concerto no auditorio Manuel Dopazo en Noticieiro Galego (18/12/2015) (Consultado o 23/11/2016).. Entre decembro de 2018 e decembro de 2023 Manuel Otero Paino dirixiu a banda.

A banda celebra concertos extraordinarios todos os anos pola Santa Icía e Ano Novo, así como cursos de especialización musical, polos que pasaron algúns dos mellores músicos a nivel nacional e que leva xa máis de dez edicións. Tamén hai que destacar a realización do Festival de Bandas de Música Populares, que se celebra todos os anos no mes de setembro.

Colectivos A Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira agrupa aos seguintes colectivos: Banda de Bandeira Banda de Veteranos de Bandeira Banda Xuvenil de Bandeira Banda Infantil de Bandeira Grupo de “clases para maiores”

Discografía Banda de Música Recreativa de Bandeira. (1998) XXX Aniversario da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira. (2012) Coincidindo tamén co XXX Aniversario editouse o DVD A música da Bandeira (2012) A dança dos moscas ao vivo, colaborando co grupo Caxade. (2015) Viva a música e siga!! (2024)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Silleda Categoría:Música de Galicia sen imaxes