A Banda de música de Mato foi unha agrupación musical residente no lugar de Mato, na parroquia de Cercio (Lalín).
Historia Fundouna no ano 1904 Avelino Mato. Entre os seus directores destacan Contiña ou Grandón. Tamén estivo á fronte da banda José Fernández García, coñecido como José de Mato, que máis tarde dirixiría a refundada banda de Silleda.
Esta agrupación foi coñecida por diversos nomes: Val de Mato, Mato de Val, Cercio ou Palio, denominación que adquiriu na década de 1950 por proceder desta parroquia os seus compoñentes. Desapareceu no ano 1953.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Lalín Categoría:Música de Galicia sen imaxes