O mazarico chiadorPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Numenius phaeopus) é unha ave limícola da familia das Scolopacidae.

Morfoloxía e hábitos Especie moi similar ó mazarico real, aínda que máis pequeno que este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O peteiro (6–9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso que o do mazarico real. A súa envergadura oscila entre os 78–88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas, dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.

Existe a subespecie hudsonicus, propia do Norte de América, caracterizada polo extremo das ás de cor negra.

É unha ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas. O seu hábitat natural son os terreos anegados, a tundra e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos e, no outono, tamén bagas silvestres.

Reprodución A femia fai o niño no chan e pon catro ovos, que incuba durante 27-28 días. Os polos voan ás 5-6 semanas.

Distribución Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en Islandia, Escandinavia, noroeste de Rusia e nos países bálticos. No inverno pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a costa do Levante) e a costa de Marrocos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Romay Cousido, Cosme Damián; Fontoira García, Antonio; Martínez Sabarís, Emilio; Ramos Martínez, Atocha: "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". Editado polo Concello do Grove, 2009. Svensson, Lars; Mullarney, Killian; Zetterstïons, Dan: Guía de aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran guía de la naturaleza. AVES. Editorial Everest.

Categoría:Caradriformes Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758