A Banda de música de Goiás foi unha agrupación musical fundada na parroquia de Goiás, no concello de Lalín.

Historia Fundada en 1882, pola súa dirección pasou Gregorio de Regufe, polo que a formación chegou a denominarse Banda de Gregorio. Tamén levou a batuta José Ramón Villamayor, veciño de Noceda e residente en Carragoso polo que a banda tamén se denominou Banda de Carragoso. Outros directores foron Luis Taboada Paracha, Enrique García Rey e Manuel García Barcala. Adoitou actuar con bandas da provincia de Ourense como Ribadavia ou Alongos. En 1961 desapareceu, con ángel Pereiro Cores á fronte.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Lalín Categoría:Música de Galicia sen imaxes