Pedro Gil Gómez (tamén coñecido como Pedrito Gil), nado en Esplugues de Llobregat o 13 de decembro de 1980, é un xogador de hóckey a patíns catalán e que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2012-13 xoga no Hockey Valdagno italiano.

Entre as súas características salienta a súa velocidade, axilidade e a súa capacidade goleadora, que o levaron a ser considerado como un dos mellores dianteiros do mundo.

Traxectoria Pedro Gil iniciou a súa carreira deportiva no equipo da súa cidade natal, o Club Esportiu Noia, equipo co que xogou dende as categorías inferiores ata 1998, ano no que asinou co Club Patín Tenerife. Tras un ano en Tenerife, regresou ao club do Alt Penedès. No ano 2000 foise xogar a Portugal, primeiro dúas tempadas no Clube Infante de Sagres, e no 2002 co FC Porto, club no que xogou 5 tempadas e onde se consagrou como un dos mellores dianteiros de Europa. No 2007 volveu á OK Liga tras asinar co Reus Deportiu, club co que se alzou co título do Campionato do Mundo de clubs de 2008 celebrado en Reus, e coa Copa de Europa na tempada 2008-09, disputada na localidade italiana de Bassano del Grappa. Ao seu retorno á Liga portuguesa (novamente ao FC Porto), logrou dúas ligas nas tempadas 2009-10 e 2010-11. No verán de 2012 asinou co Hockey Valdagno (Italia).

En 2012, logrou o seu sétimo Europeo coa Selección española, facendo historia ao lograr o récord de 7 Campionatos de Europa consecutivos, feito que non conseguiu ningún outro país.

Clubs ClubLigaTemporadasNoia Freixenet OK Liga1997 - 1998Club Patín Tenerife OK Liga1998 - 1999Noia Freixenet OK Liga1999 - 2000Club Infante de Sagres Campeonato Nacional2000 - 2002FC Porto Campeonato Nacional2002 - 2007Reus Deportiu OK Liga2007 - 2009FC Porto Campeonato Nacional2009 - 2012Hockey Valdagno Serie A2012 - 2013 HC Forte dei Marmi Serie A2013 - 2016Sporting Clube de Portugal Campeonato Nacional2016 -

Palmarés CE Noia 1 Copa do Rei (1998) 1 Copa CERS (1997-98)

FC Porto 7 Ligas portuguesas (2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2009-10, 2010-11) 2 Copas de Portugal (2005, 2006)

Reus Deportiu 1 Mundial de clubs (2008) 1 Copa de Europa (2008-09)

Selección española Coa Selección española, da que é capitán dende 2009, ten conquiestado 5 mundiais, os 4 últimos consecutivos (San Juan 2001, San José 2005, Montreux 2007, Vigo 2009, San Juan 2011) e 7 europeos consecutivos (Wimmis 2000, Florencia 2002, La Roche-sur-Yon 2004, Monza 2006, Oviedo 2008, Wuppertal 2010, Paredes 2012).

5 Campionatos do Mundo (2001, 2005, 2007, 2009, 2011) 7 Campionatos de Europa (2000, 2002, 2004, 2006, 2008, 2010, 2012) 3 Copas das Nacións (2003, 2005, 2007)

Condecoracións DistinciónAno40px Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo2011

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Pedro Gil en www.hoqueipatins.cat Pedro Gil en www.mundook.net El Reus Deportiu presenta a Pedro Gil para la temporada 2007/08 Pedro Gil vuelve al FC Porto tras dos temporadas en el Reus

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Sant Sadurní d'Anoia Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo