Manuel Barreiro Cabanelas, o Conde Cabanelas, nado en Laxedo (Covelo, A Lama) o 11 de xullo de 1867 e finado en Río de Xaneiro o 22 ou o 23 de agosto de 1950Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 24 de agosto de 1950, p. 4., foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria Fillo dun canteiro, emigrou con 16 anos a Río de Xaneiro. Conseguiu progresar nos negocios, especialmente coa lotería, e amasou unha fortuna, con negocios de hostalería, construción e roupa feminina. Sufragou numerosas obras na súa parroquia natal, subministración de auga, a construción de fontes e vivendas que doou a quen quixo quedar na aldea. Ademais creou en 1915 un grupo escolar en Laxedo e en 1942 dooulle ao estado español o edificio da súa propiedade "con la condición sine qua non de ser destinado con carácter permanente para Colonias escolares". Financiou dúas salas do Hospital Provincial de Pontevedra. Un dos seus últimos proxectos foi a urbanización de Covelo, cuxo deseño deixou por escrito, pero que non viu rematado.

Morreu en Río de Xaneiro. Está enterrado no cemiterio de São João Batista de Río de Xaneiro, preto da tumba de Carmen Miranda. A raíña María Cristina tramitou para el o título nobiliario de conde.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Covelo, dioses y seres mitológicos en una aldea Escola de Covelo "Alembraivos de nós" Artigo de Xurxo Ayán en Galicia Confidencial.

Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados na Lama Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1950