Halo 4: Forward Unto Dawn é unha serie web de ciencia ficción ambientada no universo de Halo. Forward Unto Dawn consiste en 5 episodios de 15 minutos de duración estreados semanalmente dende o 5 de outubro de 2012, que foi máis tarde estreado como un único filme en DVD e Blu-ray. A serie produciuse como promoción do videoxogo Halo 4, nun intento de incrementar os usuarios da saga Halo e como un primeiro paso cara a un potencial filme de Halo. Foi escrito por Aaron Helbing e Todd Helbing, e dirixido por Stewart Hendler. Forward Unto Dawn foi rodado en Vancouver durante 25 días do mes de maio de 2012, e contou cun orzamento de $10 millóns.

Sinopse miniatura|esquerda|O prototipo de "Warthog" creado por Weta Workshop. A acción de Halo 4: Forward Unto Dawn ten lugar 20 anos antes dos feitos narrados en Halo 4. A historia está protagonizada por un pelotón de mozos soldados da United Nation Space Command (UNSC). A historia segue ó cadete Thomas Lasky, nunha academia militar do século XXVI que é atacada polo Covenant, unha alianza relixiosa de alieníxenas. Lasky non está seguro do seu futuro como militar pero sente a presión de seguir os pasos da súa nai e irmán máis vello. Lasky e os seus compañeiros de academia son rescatados por Master Chief e, despois da morte da súa moza Chyler Silva, Lasky é inspirado polo Chief a tomar a iniciativa e axudalo a salvar ós outros superviventes.

Personaxes Tom Green como Thomas Lasky Anna Popplewell como Chyler Silva Enisha Brewster como Abril Orenski Osric Chau como Junjie Chen JJ Kat De Lieva como Dimah Tchakova Iain Belcher como Walter Vickers Masam Holden como Michael "Sully" Sullivan Daniel Cudmore como Master Chief Petty Officer John-117 Mike Dopud como Xeneral Black Ayelet Zurer como Coronel KL Mehaffey Jill Teed como Coronel Lasky

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Halo 4 Official Site: Forward Unto Dawn

Categoría:Halo Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2012 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2012 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en videoxogos