The Little Wizard. O mago Dubidoso é unha longametraxe de debuxos animados producida por Deboura Cinema estreada no ano 2011. Elaborada segundo o sistema tradicional de animación 2D (debuxo a debuxo) está escrita e dirixida por Roque Cameselle. Rodada en galego, o seu argumento baséase na novela de inspiración histórica Bieito Dubidoso, escrita tamén por Roque Cameselle, e publicada por Edicións Xerais no 2003.
Gañou o premio a Mellor Banda Sonora de Longametraxe nos Premios Jerry Goldsmith. Presentouse no 61 Festival Internacional de Cine de San Sebastián, no Festival de Cine Europeo de Sevilla 2013 (incluída na sección competitiva Europa Junior) e na Semana de Cine Fantástico e Terror de San Sebastián e no 33º Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana que se celebra na Habana (Cuba).
A produción contou co apoio da CRTVG, emon ou IGAPE. Foi estreada nos cines de España, con versión en galego en Galicia, o 15 de novembro de 2013. A versión orixinal é en castelán, que foi realizada case na súa totalidade por actores de Galicia no estudio Soundub de Santiago de Compostela (quitando a Nacho Aramburu e Catherina Martínez, que gravaron os seus personaxes en Madrid), e dirixidos por Alicia Taboada. O repartimento da dobraxe galega é maiormente distinto. A versión en galego correu a cargo de SDI Media.
Foi candidata á "Mellor Película de Animación" nos Premios Goya 2012.
Sinopse Ambientada na Galicia medieval, a historia principia cando uns piratas normandos asaltan o barco de Pedro Cabaledo, atracado no peirao da súa casa. Mediante a maxia, o seu fillo Bieito Dubidoso, de nove anos de idade, consegue que os guerreiros fuxan espavorecidos. Por mor dista fazaña, a súa sona traspasa os muros da casa, coñece a Destreza- quen se converte na súa inseparable compañeira-, e gaña a admiración dos veciños. Mais o bispo Xoán, dono e señor da cidade de Tui, non lle perdoará facelo pasar a el por covarde diante dos seus vasalos.
Este enfrontamento entre o poderoso clérigo e o neno mago é o tronco de onde nacerán todas as historias contadas na película.
Personaxes Bieito Dubidoso É o protagonista. Nace en Tui, cidade equidistante entre Braga e Santiago de Compostela, onde tiñan a súa sé os poderes eclesiásticos, moitas veces en conflito. Desde pequeno, a súa portentosa habilidade cos xogos de maxia, e o seu carácter tranquilo, propiciarán o seu achegamento aos personaxes históricos súa época.
A súa vida, a cabalo entre o século XI e XII, transcorre durante o período de florecemento político e cultural máis sobresaínte de Galicia. Ao mesmo tempo, coincide co auxe das grandes peregrinacións a Santiago de Compostela.
Destreza É a mellor amiga de Dubidoso. O mago libéraa dos piratas normandos que a tiñan secuestrada. Desde ese momento, Destreza convértese na súa compañeira inseparable de xogos e aventuras, de desgrazas e felicidades.
Pedro Cabaledo É o pai de Bieito Dubidoso. Comerciante en xílgaros e viños, posuidor de riquezas, posúe os privilexios da nobreza malia non pertencer a ela. Ve a súa vida turbada ao caer nas redes tendidas polo inimigo do seu fillo, o bispo Xoán, señor e amo omnipotente da vila.
A nai de Bieito Dubidoso A esposa de Pedro Cabaledo dedícase á administración da casa grande que posúen xunto ao río Miño. O que a diferenza da común das mulleres non é a riqueza, se non que é capaz de ler en arameo. Descóbreo un día por azar, cando follea un libro que lle obsequia un mercador cliente do seu home.
Señor Xoán Personaxe histórico, aínda que non fielmente retratado, de beleza extraordinaria, tan extraordinaria como a súa ambición. O malo da película, ve en Dubidoso o espello onde se reflicte unha conduta que prefire ignorar, pois lle recorda o que non é, nin nunca vai poder ser. Intelixente, arteiro e sen escrúpulos, non dubidará en utilizar calquera medio para defender os seus intereses, calquera arma para prexudicar a Dubidoso.
Sara Homedouro Sara Homedouro, filla única dun xudeu viúvo, comerciante en cartos, prestamista do Bispo, e que foi educada polo pai como un home: na sabedoría das linguas e o coñecemento dos libros en árabe, latín e grego. Desas lecturas conseguiu unha cultura que salienta entre a dos seus veciños. Isto facilítalle que cando Pedro Cabaledo procure un preceptor para o seu fillo, ela sexa admítida para o traballo.
Perdiz O fiel criado da casa de Cabaledo. É un home de tan poucas palabras que ata parece mudo. As penas e as alegrías da familia son as súas propias, e nunca dubida de parte de quen ten que estar.
Jaztabel O frade Jaztabel vive en Tui desde a invasión dos normandos. Parece que a súa conversión tivo que ver máis coa conveniencia que coa convicción. Intérprete de linguas estranxeiras e norteñas; no encontro cos seus paisanos demostra a súa covardía e a súa lealdade rotatoria como a dun catavento. Elenco
Bieito Dubidoso - Jesús Angel Rosado
Destreza - Catherina Martínez
Sara - Maxo Barjas
Bispo Juan - Roberto Reboiro
Cabaledo - Ignacio Aramburu
Madre de Bieito - Cristina Aldrey
María Egipciaca - María del Carmen Aguado
Capitán Aguirre - Monti Castiñeiras
Verdial - Alfonso Agra Narradora - Yolanda Castaño
Xogos Para publicitar o filme fixéronse xogos para teléfonos intelixentes de Apple e Android gratuítos como: "El pequeño mago" (plataformas) e versións de xogos como "Conecta 3" , "Mahjong" ou "Memoriza".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en La Higuera Ficha en Film Affinity Blog da produtora Web da produtora
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Roque Cameselle