José Varela de Montes, nado en Santiago de Compostela en 1796 e finado no mesmo lugar o 30 de marzo de 1868, foi un médico galego, catedrático de fisioloxía e patoloxía.

Traxectoria

Estudou medicina en Madrid e foi catedrático de fisioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou no Hospital Clínico da cidade, un dos modernizadores do estudo da medicina na universidade galega.

Foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e da Academia de las Ciencias de Madrid.

Obras Entre os seus ensaios destaca Ensayo de Antropología ósea, Historia Fisiológica del hombre en su relación con las ciencias sociales y especialmente con la patología y la higiene (1844-1845).

Biblioteca virtual

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Digital Hispánica. Biblioteca Nacional de España.

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1796 Categoría:Finados en 1868 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela