El Aloya foi un semanario editado en Tui entre 1906 e 1913.
Historia e características Apareceu en 1906, inspirado e dirixido por Venancio Lorenzo Rodríguez, alcalde e xefe da política liberal do distrito. Era unha publicación literaria e de información xeral. Cando morreu o director, en 1909, a publicación continuou como Semanario independiente y defensor de los intereses generales del distrito, dirixida por Heriberto Fernández Estévez, concelleiro de Tui e vinculado á política oficial. Entre os seus colaboradores estaba José Fernández Barros. Mantivo polémica con La Opinión.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Tui Categoría:1906 en Galicia Categoría:Prensa caciquil