Gianclaudio Giuseppe "Clay" Regazzoni, nado o 5 de setembro de 1939 e finado o 15 de decembro de 2006, foi un piloto de carreiras suízo. Competiu en carreiras de Fórmula Un de a , gañou cinco Grandes Premios. O seu primeiro triunfo foi o Gran Premio de Italia en Monza na súa primeira tempada, pilotando un Ferrari. Permaneceu co equipo italiano ata . Logo dunha tempada con BRM, Regazzoni regresou a Ferrari por un período de tres anos, a . Finalmente, logo de deixar Ferrari a finais de 1976, Regazzoni uniuse aos equipos Ensign e Shadow, antes de trasladarse a Williams en , onde obtivo a primeira vitoria nun Gran Premio para o equipo británico, o Gran Premio do Reino Unido de 1979 en Silverstone.

Foi substituído por Carlos Reutemann en Williams para a tempada e volveu de novo a Ensing. Logo dun accidente no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 quedou paralizado da cintura para abaixo, terminando a súa carreira na Fórmula Un. Regazzoni non deixou as carreiras, competiu no París-Dakar e nas 12 horas de Sebring cun coche con mando na man durante a década de 1980 e principios de 1990. En 1996, Regazzoni converteuse en comentarista da TV Italiana.

Morreu nun accidente de coche en Italia o 15 de decembro de 2006.

Vida persoal e principios Gianclaudio Regazzoni naceu en Mendrisio, Suíza o 5 de setembro de 1939, poucos días despois do inicio da segunda guerra mundial. Regazzoni creceu en Porza no Cantón de Ticino, na parte Suíza de lingua italiana. Estaba casado con Maria Pia, con quen tivo dous fillos, Alessia e Gian Maria.

Traxectoria Pre-Fórmula Un Inicios e a Fórmula Tres Regazzoni comezou a competir en carreiras de automóbiles en 1963, á relativamente tardía idade de 24 anos. Moitas das súas primeiras experiencias no deporte do motor estaban alén da fronteira con Italia, Suíza prohibira o automovilismo logo do horrible accidente na carreira das 24 Horas de Le Mans de 1955. As súas primeiras carreiras foron no seu Austin-Healey Sprite, có que logrou dous podios nas súas tres primeiras carreiras. Este éxito inmediato alentou a Regazzoni para subir a un Mini Cooper para a tempada de carreiras de 1964.

1965 viu a Clay Regazzoni ao volante dun coche de rodas abertas por primeira vez, ao entrar no campionato europeo de Fórmula Tres cun Brabham. Esta primeira tempada tivo un éxito moderado, a mellora en 1966 (esta vez pilotando un De Tomaso) tróuxoo á atención do ambicioso construtor italiano Tecno. Tecno ofreceu a Regazzoni o uso dun dos seus chasis F3 de 1967, onde as súas actuacións rápidas e confiables reportaronlle a oferta dunha unidade Tecno de fábrica en Fórmula 2 para o ano seguinte. Malia isto, Regazzoni seguiu pilotando en carreiras de Fórmula Tres durante o 1968 e, non por última vez, tivo a sorte de sobrevivir a un grave accidente. Ao saír da chicane durante a carreira de Fórmula 3 do Gran Premio de Mónaco, Regazzoni perdeu o control do seu auto e chocou fortemente coa barreira de seguridade. O diminuto tamaño da máquina da Fórmula 3 permitiulle pasar por baixo do garda rail, o bordo de metal afiado da Armco cortaron a parte superior da cabina aberta. Por sorte para el, o instinto de supervivencia de Regazzoni fíxose presente e agachou a cabeza o suficientemente baixo no asento do condutor para que o gardarail pasara por encima del, non perdendo a cabeza por unha pequena marxe. O coche finalmente parou cando o arco antienvorcos, trala cabeza de Regazzoni e significativamente máis baixo que a parte superior do seu casco, quedou encaixada debaixo da barreira.

Fórmula 2 Na Fórmula Dúas, Regazzoni atopou o socio ideal en Tecno. O seu duro estilo encaixaba á perfección na ambiciosa visión de futuro de TEcno, e Regazzoni desenvolveu rapidamente unha reputación como un duro competidor. Regazzoni estivo implicado na morte do novo piloto británico Chris Lambert de Fórmula Dous no Gran Premio dos Países Baixos de 1968. Algúns observadores acusaron a Regazzoni, de botar de forma deliberada a Lambert fóra da pista. Lambert perdeu o control e estrelouse contra unha ponte. Regazzoni foi exonerado completamente na investigación posterior, aínda que os rumores persistiron durante moitos anos despois. O pai de Lambert iniciou unha acción privada contra Regazzoni, que se prolongou durante cinco anos antes de ser finalmente abandonado. Regazzoni quedou con Tecno ao longo dos seus tres anos na Fórmula Dúas (malia que pilotou a maior parte da tempada 1969 para o equipo Ferrari de Fórmula Dúas.Gill (1976) pp.300-301) E en 1970 lograron o Campionato de Europa de Fórmula Dúas xuntos.

Autombilismo de resistencia miniatura| right | Regazzoni nun Ferrari 312PB nos 1000 quilómetros de Nürburgring de 1971 Ademais de carreiras de monoplazas, Regazzoni participou en carreiras de resistencia, incluíndo as 24 Horas de Le Mans de 1970, onde el e Arturo Merzario correron cun Ferrari 512S. Con todo, a parella retirouse logo de completar só 38 voltas. Esta ía ser a única aparición de Regazzoni nas 24 Horas de Le Mans, aínda que o fixo unha proba para a carreira de 1972.

Durante os dous anos seguintes Regazzoni foi titular indiscutible de Ferrari en automobilismo de competición. Regularmente acompañado de Jacky Ickx, a parella obtivo o segundo lugar nos 1.000 quilómetros da BOAC en Brands Hatch en 1971, e gañou a primeira manga nos 500 quilómetros de Imola. Regazzoni tamén gañou a carreira das 9 horas de Kyalami, esta vez en colaboración con Brian Redman. Outros éxitos seguiron en 1972, co segundo lugar nos 1000 quilómetros de Bos Aires, asociado novamente con Redman, e os prestixiosos 1.000 km de Spa. O punto álxido da tempada chegou cando a asociación Regazzoni/Ickx gañou a carreira dos 1000 km. de Monza.

Coa súa saída de Ferrari en 1973, os resultados en autos deportivos de Regazzoni remataron.

Fórmula Un 1970 - 1972: Ferrari

Durante as primeiras carreiras da tempada de Fórmula Un de Ferrari só presentou un coche, o do bélga Jacky Ickx, pero na cuarta rolda en Bélxica, o equipo decidiu presentar un segundo coche para probar algúns pilotos máis novos. O Italiano Ignazio Giunti levou o segundo asento en Bélxica, onde terminou cuarto, mentres que Regazzoni tomou o seu lugar na seguinte rolda en Holanda, tamén terminou cuarto. Giunti volveu no seguinte Gran Premio en Francia, pero terminou décimo cuarto, a tres voltas do vencedor e o eventual campión do mundo de 1970 Jochen Rindt.

Regazzoni estaba de volta no Ferrari para o Gran Premio de Gran Bretaña, onde terminou cuarto outra vez, pero esta vez Regazzoni mantivo o posto de carreira. Catro podios seguidos de Regazzoni durante as últimas seis roldas da tempada 1970, incluíndo unha vitoria en Monza, a carreira de casa de Ferrari. A carreira viuse ensombrecida pola morte do líder do campionato, Rindt, durante a cualificación para a carreira. A primeira pole position, na carreira final en México, foi a guinda a moi exitosa primeira tempada na fórmula 1. Regazzoni terminou terceiro no campionato de pilotos con 33 puntos, 12 puntos por detrás do campión do mundo póstumo Rindt.

Trala morte de Giunti nun evento deportivo no inverno de 1970, Ferrari optou por Ickx e Regazzoni para a tempada de Fórmula Un.Clay Regazzoni www.grandprix.com Retrieved 1 March 2007. Antes do comezo das probas europeas do Campionato do Mundo de Fórmula Un, Regazzoni gañou a prestixiosa Carreira de Campións en Brands Hatch, batendo a Jackie Stewart no segundo lugar. Malia este prometedor inicio, o Ferrari 312 B e B2 resultaron ser inferiores ó Tyrrell 003 de Stewart. Regazzoni só logrou tres podios na tempada, así como unha 'pole position' no Gran Premio de Gran Bretaña. O suízo terminou sétimo no campionato de pilotos este ano, 49 puntos por detrás do campión do mundo Jackie Stewart.

A decepción de Regazzoni seguiu na tempada , cun só podio, en Alemaña, malia que anotou dous puntos máis que a tempada anterior. Regazzoni novamente terminou sétimo no campionato de pilotos, 46 puntos por detrás do campión do mundo Emerson Fittipaldi.

1973: BRM

Regazzoni optou por deixar Ferrari en , a favor de BRM patrocinado por Marlboro polo que se considerou como "unha cifra astronómica". Aquí uniuse ao novo piloto Niki Lauda, e os dous fixéronse bos amigos. Unha vez máis Regazzoni enganou a morte por moi pouco, logo dun grande accidente durante o Gran Premio de Suráfrica. Foi sacado dos restos en chamas por Mike Hailwood, que máis tarde foi galardoado cunha medalla polo seu heroismo. Resultou ser un ano de fracaso para Regazzoni. Anotou só dous puntos durante toda a tempada, a súa peor puntuación nunha tempada completa na Fórmula Un. Conseguiu un humilde 17º lugar no campionato.

1974-1976: de novo a Ferrari Ferrari fixo unha gran reorganización de persoal a principios da tempada de , despois de que Luca di Montezemolo fora contratado para dirixir o equipo italiano. Ambos Regazzoni e, a proposta de Regazzoni, Lauda foron contratados por Ferrari. Regazzoni non tardou en volver ao podio. Sete podios, incluíndo unha vitoria en Alemaña, o primeiro desde a súa vitoria no debut da tempada en Monza catros anos antes, así como unha pole position en Nivelles permitiron a Reggazoni anotar máis puntos que Lauda. Chegando á última carreira da tempada, nos Estados Unidos Regazzoni estaba ben colocado na pelexa polo título, e só tiña que terminar por diante do seu rival, Emerson Fittipaldi, para levarse a coroa. Regazzoni sufriu problemas de dirección durante a carreira debido a un amortecedor defectuoso e terminou 11º logo de dúas paradas en boxes.1974 United States Grand Prix www.gpracing.net192.com Retrieved 1 March 2007 Terminou segundo no campionato de pilotos, a súa marca persoal, a só tres puntos por detrás de Fittipaldi. Ferrari impuxera as ordes de equipo no seu favor, Regazzoni case logrou o título ese ano.

Ferrari conservou os servizos de Lauda e Regazzoni para a tempada de e a parella logrou seis vitorias entre eles: cinco de Lauda, e outra para Regazzoni no Gran Premio de Italia de 1975. Regazzoni tamén gañou outro Gran Premio, fóra de campionato o Gran Premio de Suíza, o único piloto suízo que o fixo. Ferrari conseguiu o Campionato de Construtores, e Lauda gañou o primeiro dos seus tres títulos mundiais. Regazzoni terminou quinto no campionato de pilotos con 39´5 puntos, o medio punto ven do Gran Premio de Austria de 1975, na que só concederonse a metade dos puntos debido a suspensión da carreira debido ás fortes choivas.

miniatura| 250px | left | Regazzoni pilotando un Ferrari 312T en Nürburgring en 1976. A tempada de Fórmula Un de resultaría ser o inicio de tendencia á baixa de Regazzoni na Fórmula Un. Malia gañar desde a pole position en Long Beach, e outros tres podios, Ferrari substituíu o suízo polo Arxentino Carlos Reutemann. O arxentino non se levaba ben con Lauda ao ocntrario que Regazzoni. Cando saíu de Ferrari, Regazzoni era o piloto que máis tempo militara en Ferrari.

1977: Ensing

Logo da súa saída de Ferrari, Regazzoni optou por fichar polo equipo Ensing. O seu traslado a un equipo tan modesto sorprendeu a algúns, pero Regazzoni optou polo equipo pequeno en lugar dunha oferta de Bernie Ecclestone para pilotar un Brabham, como el dixo "para correr con boa xente". Ecclestone reducira o importe dunha primeira oferta salarial, logo de decatarse de que Regazzoni abandoara Ferrari. A súa tempada con Ensing, malia conseguir puntuar no seu debut en Arxentina, non tivo éxito. Regazzoni terminou nos puntos só dúas veces máis, e terminou a tempada cun total de cinco puntos. En maio Regazzoni participou nas 500 Millas de Indianápolis pilotando un McLaren - Offenhauser do equipo Theodore Racing. Estrelouse con forza na práctica, pero cualificou. Acabou no posto 30.

1978: Shadow

Regazzoni pasou a Shadow en , en substitución de Alan Jones que abandonara para unirse a Williams. Só conseguiu sumar puntos en dúas carreiras e terminou a tempada 16º no campionato de pilotos, a 60 puntos do campión do mundo Mario Andretti.

1979: Williams