José Mario de Silva Gómez, nado na Estrada o 5 de marzo de 1875 e finado no mesmo concello o 18 de febreiro de 1960, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Sobriño do tamén alcalde Eliseo de Silva Espinosa. Rexentaba unha librería. Foi nomeado alcalde da Estrada o 13 de abril de 1930 e cesou en abril de 1931. Foi correspondente administrativo de El Correo Gallego na Estrada. Finou na Estrada o 18 de febreiro de 1960.Necrolóxica en El Correo Gallego, 19-2-1960, p. 7. El Correo Gallego, 20-2-1960, p. 5.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Alcaldes estradenses

Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1960