JAWSAT (acrónimo de Joint Academy Weber Satellite) foi un satélite artificial conxunto da Forza Aérea dos Estados Unidos e a Universidade do Estado de Weber lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características JAWSAT foi desenvolvido conxuntamente entre estudantes e profesionais. A súa misión inicial era probar un propulsor de pulso de plasma, pero tras varios cambios JAWSAT converteuse nunha plataforma desde a que lanzar catro subsatélites: FalconSat 1, OPAL, ASUSat 1 e OCSE. Ademais levaba un par de experimentos a bordo:

PEST (Plasma Experiment Satellite Test), da NASA. ACP (Attitude Controlled Platform), un sistema barato de estabilización de satélites nos tres eixos.

A misión finalizou en maio de 2000 debido a fallo da batería principal.

Notas

Categoría:Satélites artificiais