Acción Obrera foi un periódico aparecido en Pontevedra de 1918 a 1919.

Características Apareceu o 6 de xullo de 1918. Dirixido por Ramiro Paz Carbajal. Periódico quincenal de carácter obreirista e societario, exerceu de voceiro do Centro Obrero de Pontevedra, dando cabida no seu contido ao acontecer das sociedades de resistencia dende unha postura de independencia das opcións partidarias. Influído polo ideario socialista, mantivo distancia coa Agrupación pontevedresa do PSOE. Incluíu a sección Rimas rebeldes con colaboracións literarias. Fusionouse con Aurora Roja para dar lugar a Nueva Aurora.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa obreira Categoría:1918 en Galicia