Degas é un cráter do planeta Mercurio que posúe unha estrutura de raios, recibiu o seu nome en honra ó pintor e escultor francés Edgar Degas. Os raios consisten en material de cor clara expulsado trala formación do cráter. Os cráteres moito máis vellos que Degas están cubertos polo material expulsado, mentres cós cráteres máis novos están superpostos ós raios.Degas Ray Crater on Mercury at Astronomy Picture of the Day miniatura|left|O cráter Degas co seu sistema de raios, nunha imaxe tomada pola Mariner 10 no ano 1974. O chan do cráter contén fendas que se formaron polo arrefriamento e contracción do material fundido que había no interior do cráter tralo impacto. O material de alta refractividade das paredes e da porción central do cráter probablemente é dunha composición distinta a do material do fondo do cráter e arredores. As condicións de iluminación e os corrementos de material erosionado das costas empinadas da beira do cráter, que deixan exposta a rocha fresca, tamén contribúen á súa aparencia brillante.Degas Crater at NASA Messenger website.

Notas

Categoría:Cráteres de Mercurio