Hardball é un filme estadounidense dirixido por Brian Robbins que se estreou no 2001. Está protagonizado por Keanu Reeves, Diane Lane e D. B. Sweeney. O guión é obra de John Gatins, e baséase no libro Hardball: A Season in the Projects de Daniel Coyle.
Sinopse Conor (Keanu Reeves), un afeccionado ás poxas deportivas cuxos presentimentos erran sempre, pasa por un grave apuro económico. A única solución para saldar as súas débedas é adestrar a un equipo infantil de béisbol dun conflitivo barrio de Chicago. O problema é que a Conor non lle gustan moito os nenos, pero si a súa mestra, a atractiva señorita Wilkes (Diane Lane).
Personaxes Keanu Reeves como Conor O'Neill Diane Lane como Elizabeth Wilkes D. B. Sweeney como Matt Hyland John Hawkes como Ticky Tobin Bryan C. Hearne como Andre Ray Peetes Julian Griffith como Jefferson Albert Tibbs Michael Jordan como Jamal A. Delon Ellis Jr. como Miles Pennfield II Kristopher Lofton como Clarence Michael Perkins como Kofi Evans Brian M. Reed como Raymond 'Ray Ray' Bennet DeWayne Warren como Jarius 'G-Baby' Evans Sammy Sosa como El mesmo (cameo) Yung Leek como Malik 'Yungin' Gholston Sterling "Steelo" Brim como Sterling
Recepción O filme levou críticas diversas e conseguiu un 39% na clasificación de Rotten Tomatoes. A interpretación de Keanu Reeves en Hardball valeulle un nomeamento ós Premios Razzie ó peor actor (tamén por Sweet November), pero non o recibiu xa que o levou Tom Green por Freddy Got Fingered.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures