Rocky IV é un filme estadounidense dirixido, escrito e protagonizado por Sylvester Stallone que se estreou en 1985. Cuarta parte da saga cinematográfica de Rocky. Estreouse en galego na TVG o 18 de decembro de 2009.
Sinopse Rocky Balboa é un campión de boxeo aclamado que vive na súa mansión e non ten dúbida de que é o número un, pero esta tranquilidade vese alterada cando unha compañía rusa proponlle unha pelexa contra o seu novato Ivan Drago, un boxeador que é medallista de ouro olímpico, que posúe un récord invicto de 100 vitorias afeccionadas e que a base de anabolizantes e outras substancias ten unha puñada moito máis poderosa que a de calquera outro boxeador. O retirado Apollo Creed acepta o combate no canto do seu amigo Rocky para recuperar o seu orgullo como ex campión. No combate, Apollo cae fulminado polos incribles golpes de Drago e morre enriba da lona. Ante este feito, Rocky decide aceptar o combate para vingar a memoria do seu amigo, polo que se traslada a Rusia para adestrar duramente para o combate e derrotar a Drago.
Personaxes Sylvester Stallone como Rocky Balboa Dolph Lundgren como Capitán Ivan Drago Burt Young como Paulie Pennino Talia Shire como Adrian Balboa Carl Weathers como Apollo Creed Brigitte Nielsen como Ludmilla Vobet Drago Tony Burton como Tony "Duke" Evers Michael Pataki como Nicoli Koloff George Rogan como Sergei Igor Rimsky James "Canonball" Green como Manuel Vega Stu Nahan como Comentarista #1 Warner Wolf como Comentarista #2 R.J. Adams como Anunciador de deportes Barry Tompkins como Comentarista americano #1 (Rocky-Drago) Al Bandiero como Comentarista americano #2 (Rocky-Drago) James Brown como El mesmo
Galardóns e nomeamentos 1985: 5 Premios Razzie, incluíndo peor director, actor e actriz secundaria. 9 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sylvester Stallone Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en Wyoming Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados en Moscova Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego