Victorino Novo García, nado en Ferrol cara a 1855 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1899,La Voz de Galicia, 28-11-1899, p. 3. foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria De novo emigrou a Cuba onde dirixiu o xornal Las Hijas de Eva e cando volveu a Galicia foi nomeado director de El Correo Gallego. Foi deputado provincial da Coruña e director do Gran Hospital de Compostela. É autor do prólogo de Poesías gallegas y castellanas (1889) de Francisco AñónPoesías gallegas y castellanas, precedidas de un estudio acerca del poeta y sus obras e do de Recuerdos de Galicia (1896) de Teodosio Vesteiro Torres. miniatura|Romancero de Galicia, 1887. Finou por tuberculose na Coruña con 44 anos. Foi pai de Adelardo Novo Brocas.

Obras El capricho de mi esposa, 1875. "Amor y patria" en Album de las composiciones premiadas en los Juegos Florales celebrados en la ciudad de Santiago en Julio de 1875, 1877.Amor y patria en Galiciana. Biblioteca de Galicia. La protesta de Pedro Padrón, romance histórico, 1879. Romancero de Galicia, 1887, Biblioteca Gallega, con prólogo de Benito Vicetto. Estudo en Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón, 1889. Artigo en Crepusculares, de Emilia Calé, 1894.Crepusculares en Galiciana. Biblioteca de Galicia. Prólogo en Recuerdos de Galicia, de Teodosio Vesteiro, 1896.Recuerdos de Galicia con prólogo de V. Novo y García en Galiciana. Biblioteca de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos José Novo García Ligazóns externas https://academia.gal/hemeroteca-web/autor.do?id=315&d-6034487-p=1&current_page=4

Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá