O abruñeiro dos xardínsNome vulgar galego favorito segundo o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, baseándose en diferentes fontes: ‘’Diccionario das ciencias da natureza e da saúde’’ (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. ‘’Guía das árbores de Galicia’’. A Coruña, Baía Edicións, 1997 - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?#12500366 (Prunus cerasifera) , é unha especie botánica do xénero Prunus e do subxénero Prunus nativa de Europa central e leste, e Asia suroeste e central. O nome latino lembra que é da familia da cerdeira aínda que o seu valor sexa ornamental. É común na xardinaxe galega, especialmente en parques públicos pola súa floración primaveral epolo ton avermellado das súas follas en primavera e verán. Descrición É unha pequena árbore que pode acadar os 6-7 metros. Posúe unha copa ampla e arredondada. A folla é caduca de 4–6 cm de longo, de cor vermella cando nace que torna púrpura escura e fica na árbore até case a fin do outono. As follas son simples, alternas ovadas ou elípticas, co bordo serrado; os ápices agudos, glabras, agás o nervio central no envés. As pólas son tamén avermelladas.

As flores son de cor rosada de 1,5 a 2 cm de diámetro, que torna branca ao abrir. Saen antes que as follas no mes de marzo. Teñen cinco pétalos e moitos estames. É unha das primeiras árbores europeas en florear na primavera.

O froito é unha drupa, moi semellante á cereixa ou un abruño, de 2 a 3 cm de diámetro e de cor amarela ou avermellada. Son comestíbeis cando acadan a madurez a comezos do outono. Os rabiños teñen propiedades diuréticas.

Cultivo e usos A froito pode comerse fresco de varios xeitos. Unhas variedades dan froitos doces e de bo sabor, mentres outras dan abruños acedos, mais que son excelentes para facer marmeladas. É moi popular coma árbore ornamental de xardín, e pola súa moi ceda floración. Desenvolvéronse numerosos cultivares, moitos pola follaxe purpúrea e as flores rosadas, coma Prunus cerasifera 'Pissardii' e 'Nigra'. Estas formas de follaxe purpúrea tamén dan froitos púrpura escuros, cos que se fan xeleas atractivas, e intensamente coloreadas. Outras, coma 'Lindsayae', teñen flores rosa pálidas e follaxe verde.

Multiplícase por semente e por esgallo; tamén as variedades por medio do enxerto. Dáse en diferentes climas: cálidos e fríos. Vexeta ben en solos calcarios e pobre, pero con humidade de abondo. Cómpre diferenciar esta especie do mirabeleiro (Prunus domestica var. syriaca). miniatura|Abruños de xardín. miniatura|Flor do abruñeiro de xardín.

Crenzas Segundo as lendas e supersticións eslavas esta árbore é bastante mal considerada. Os demos xermanos aparecen nas cerdeiras metendo en problemas a quen ousaba tocalos. Con labras de cerdeira os eslavos tentaban saber se unha persoa tiña lombrigas. Arroxábanas á auga, se afundían era proba da existencia destes seres diabólicos no corpo humano. Os albaneses queiman pólas desta cerdeira nas noites consagradas ao novo sol, gardan as cinsas e fecundan con elas as vides. Ás veces as pólas do abruñeiro son colocadas nas portas das noivas a noite do primeiro de maio. Na campiña italiana aconséllase non comer cereixas cos ricos.

Taxonomía Prunus cerasifera foi descrita por Jakob Friedrich Ehrhart e publicado en Gartenkalender 4: 192–193, no ano 1784. en Trópicos Etimoloxía Prunus, é o nome latino do abruñeiro.

Cerasifera, epíteto derivado de Cerasus, cerdeira e fer = ter. Que ten ou produce cereixas, aludindo aos pequenos abruños. Nalgunhas linguas, como o castelán ou o inglés recibe o nome de cerdeira-ameixeira.

Variedades aceptadas Prunus cerasifera var. pissardii (Carrière) Koehne Sinonimia Cerasus myrobalanos hort. Padus racemosa (Lam.) C.K.Schneid. Padus racemosa subsp. racemosa Prunus cerasifera subsp. myrobalana (L.) C.K.Schneid. Prunus divaricata Ledeb. Prunus domestica var. myrobalana L. Prunus myrobalana (L.) Loisel. Prunus cerasifera var. orientalis Popov Prunus cerasifera subsp. sogdiana Cinovskis Prunus mirabilis Sumner Prunus orientalis Kudr. Prunus sogdiana Vassilcz. en PlantList/

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 2003. Fl. China 9: 1–496. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348. Outros artigos Abruñeiro Ligazóns externas Descrición botánica USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. [https://web.archive.org/web/20100903053251/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?29860]

Categoría:Prunus Categoría:Froiteiras Categoría:Árbores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas medicinais