Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego. Traxectoria De pai e avó xastre, estudou no colexio público de Lalín. Emprendeu a súa carreira en Barcelona traballando nunha fábrica de confección e estudando deseño. Traballou como xastre na confección de moda masculina. Fundou a empresa téxtil Florentino en 1970 en Lalín, onde ten a súa sede. Foi concelleiro en Lalín por Unidade Galega nas primeiras eleccións municipais democráticas, e dimitiu o 29 de outubro de 1980. Recibiu a Medalla Castelao en 1997.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Lalín Categoría:Concelleiros de Galicia por UG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1938 Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes