Manuel Fernández Doallo, nado en Ourense e finado en Chantada en setembro de 1935, foi un xornalista galego.
Traxectoria Emigrado en Cuba. Nos anos dez creou o Centro Republicano Español en Cuba. Propietario da Empresa de Publicidad Galiciana, fundou e dirixiu a revista Eco de Galicia e dirixiu o periódico Heraldo de Galicia. Foi presidente da Unión Orensana da Habana (1925). En 1927 foi elixido presidente do Comité Pro-Casa Curros Enríquez, foi consiliario suplente da directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia (1929-1930) e en 1931 foi nomeado delegado de Beneficencia Gallega no Comité de Auxilio Pro Inmigrantes Españoles. En xuño de 1935 fixo unha viaxe a Galicia para recuperarse dunha enfermidade que padecía.Heraldo de Galicia, 15-5-1935, p. 1.Eco de Galicia, 31-5-1935, p. 24. Ao non superala, finou en Chantada a principios de setembro dese ano.Diario de la Marina, 10-9-1935, p. 8.
Vida persoal
Casou con Estrella Fernández e foi pai de Antonio Fernández Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Viveiro Mogo, Prudencio (2019) "Tender puentes, acortar distancias: prensa y periodistas en la emigración gallega en Cuba y Argentina" Revista internacional de Historia de la Comunicación, ISSN-e 2255-5129, Nº. 12, 2019, páxs. 107-133.
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1935