José Regal Vázquez, nado en Mariz (Chantada) en 1917 e finado no mesmo concello o 20 de novembro de 2007, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou o Bacharelato Universitario e Maxisterio e fíxose médico especialista en odontoloxía. Foi dentista en Chantada. Foi fundador de Falange, combateu no bando sublevado na guerra. Foi nomeado alcalde de Chantada a finais de febreiro de 1964,El Progreso, 28-2-1964, p. 7. tomando posesión o 2 de marzo. Cesou o 25 de marzo de 1975. Logo da morte de Franco afiliouse á Unión de Centro Democrático e foi elixido conselleiro da Xunta preautonómica por designación da Deputación. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro e foi o líder de UCD en Chantada. Despois integrouse en Coalición Galega e recalou finalmente en Alianza Popular. En 1995 abandonou a política.

Vida persoal

Casou con Araceli Gómez González.La Voz de Galicia, 21-11-2007, p. 51. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fallece a los 90 años José Regal, alcalde de Chantada en los sesenta y edil en la democracia Corporación municipal de Chantada

Categoría:Falanxistas

Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1917

Categoría:Finados en 2007