Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidade da Rioxa e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

Estatísticas e servizos Estatísticas de DialnetConsultado o 12 de setembro de 2014. Revistas 9.125 Documentos 4 388 753 Alertas 24 392 489 Usuarios 1 306 204

Dialnet é un dos servizos de busca máis empregados no mundo académico e cultural hispano.

Carga de teses doutoralis a texto completo Ofrece un servizo de alertas, polo que o subscritor recibe por correo electrónico os sumarios das revistas das materias que desexe. Permite o aloxamento de revistas en edición electrónica Ofrece servizos específicos aos editores

Na clasificación do Laboratorio de Cibermetría do CSIC, Dialnet ocupa o primeiro posto entre os portais europeos e o cuarto posto a nivel mundial.Ranking Web de Repositorios del Mundo , Laboratorio de Cibermetría do CSIC, consultado o 12 de setembro de 2014.

Recoñecementos Recibiu o premio Álvaro Pérez Ugena á Divulgación da Ciencia e da Comunicación, correspondente á edición de 2012.Dialnet recibe el premio Álvaro Pérez Ugena .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Google Books. Ligazóns externas Páxina web de Dialnet .

La Fundación Dialnet estará operativa a partir de enero de 2009 en Soitu

Categoría:Buscadores Categoría:Bases de datos Categoría:Hemerotecas